Desde tempos remotos a humanidade realizou un esforzo por desenvolver e controlar o cálculo numérico. Desde a man e os ábacos ata o momento actual, centos de inventos amosan un proceso de creación colectiva con aportacións anónimas ou persoalizadas, no que os novos inventos non sempre conseguiron desprazar ós anteriores. O ábaco, por exemplo, continuouse empregando ata hai ben pouco en China, Xapón, Rusia ou Polonia.
Calculadoras mecánicas, sumadoras manuais ou eléctricas conviviron ata datas recentes con regras de cálculo, táboas de logaritmos, mecanismos e procedementos moito máis arcaicos e rudimentarios.

O primeiro instrumento que usou o ser humano para realizar un cálculo á parte dos dedos foi o ábaco. Consistía nun conxunto de contas colocadas nunha variña.


http://www.ginkoya.com/images/antiques/abacus2a.jpg
O Ábaco

O crego inglés William Oughtred foi o primeiro en utilizar dúas liñas de números que se desprazaban superpostas e permitían realizar cálculos logarítmicos.


http://www.oughtred.org/oughtred.html
William Oughtred


Coincidindo co nacemento de Pascal, un profesor de lingua da Universidade de Tübingen e astrónomo, o alemán Schickard deseñou a primeira calculadora que se encargaba de sumar e restar. O modelo foi destruído nun incendio, pero así e todo foi considerada como a primeira calculadora mecánica.


http://waste.informatik.hu-berlin.de/Coy/IuIG/leibniz.htm
Schickard

Pascal creou a Pascalina. Era unha máquina que permitía sumar e restar números utilizando xogos de rodas dentadas. [Máis información...]


http://home.hib.no/ansatte/khi/bilder/pascal.GIF

Pascal


http://waste.informatik.hu-berlin.de/Coy/IuIG/Pascaline.GIF
A pascalina


Gottfried Wilhelm Leibniz, pai do sistema binario, construíu a primeira calculadora que realizaba as catro operacións. Foi denominada como a Calculadora Universal.


http://waste.informatik.hu-berlin.de/Coy/IuIG/leibniz.htm

A Calculadora Universal


Un mecánico francés, Jacquard, inventou un telar automático que, gracias a un sistema de tarxetas perforadas, realizaba copias perfectas.

Babbage, considerado o pai da informática, inventou a Máquina de Diferencias. Esta foi abandonada sen rematar, a pesar de que o goberno británico cedese 20.000 libras para a súa creación. [Máis información...]


http://www.rtpnet.org/robroy/Babbage/Images/babbage-1843.jpg
Babbage

Babbage perfeccionou a súa obra creando a Máquina Analítica. É considerada como o primeiro ordenador mecánico de propósito xeral. Nunca estivo operativa completamente.


http://www.let.leidenuniv.nl/history/ivh/chap1.htm
A Máquina Analítica de Babbage


 

Lady Ada Augusta Byron, filla do famoso escritor Lord Byron (tamén coñecida como duquesa de Lovelace) escribiu os primeiros programas do mundo da Informática, con idea de contribuír á máquina de Babbage. [Máis información...]


http://www.cs.kuleuven.ac.be/~dirk/ada-belgium/pictures.html
Lady Ada Augusta Byron

 

Charles Babbage logrou xuntar tódolos conceptos de mecanización conseguidos gracias á Pascalina coa automatización mediante a introdución de tarxetas perforadas.

 

 

Herman Hollerith, de procedencia americana e descendencia alemana, crea unha tabuladora para a realización do censo de EE.UU. no 1890. Para unha poboación de 65 millóns de habitantes tardou 2 anos e medio en preparar o censo. [Máis información...]


http://historia.et.tudelft.nl/wggesch/geschiedenis/computer/

Herman Hollerith


© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003