Neper
foi un matemático escocés que inventou os logaritmos.
Un dos seus pasatempos foi o estudio das matemáticas. Dedicou
20 anos da súa vida á elaboración das táboas
de logaritmos. Neper foi un home de profundas conviccións relixiosas
sendo un dos protestantes do seu tempo que máis loitou contra
a influencia do Papa nas illas británicas. Neper tivo tamén
como afeizón a invención de máquinas de guerra.
Nun manuscrito asinado por él enuméranse varias máquinas
(espellos incendiarios, artillería,...) "deseñadas
pola gracia de Deus e o traballo de expertos artesáns".
A
historia do cálculo, dende comezos do século XVII ata
a segunda metade do XX, está condicionada polo desenvolvemento
dos logaritmos que inventou Neper. No libro no que Neper presenta os
seus logaritmos, veñen tamén unhas táboas ás
que o escocés dedicou vinte anos da súa vida. Nesas táboas
aparecen os resultados de centos de logaritmos e foron un instrumento
importantísimo no desenvolvemento do cálculo. Esas táboas
serviron de base para as regras de cálculo que gozaron de moita
popularidade ata hai ben pouco.