Eratóstenes, astrónomo e matemático grego, naceu en Cirene arredor do 270 antes da nosa era. Educouse na Atenas filosófica do século III. No 245 trasladouse a Alexandría, onde foi preceptor do fillo de Plotomeo, e posteriormente director da Biblioteca desta cidade ata a súa morte no 190 antes da nosa era. Eratóstenes fixo a primeira medición axustada da circunferencia da Terra.

A aportación máis importante de Eratóstenes á historia do cálculo foi un método para determinar números primos (a Criba de Eratóstenes), método que se pode considerar o primeiro algoritmo da historia, cando aínda faltaban varios séculos para que se desenvolvese este concepto.



http://step.iapg.verm.tu-muenchen.de/iapg/halloffame/
seiten/erathostenes.htm

Eratóstenes de Cirene

O método de Eratóstenes é sinxelo. Tomada unha serie de números naturais, a excepción do 1, comezamos polo 2 e tachamos os seus múltiplos (que son todos os números pares). Logo tomamos o primeiro número sen tachar, que sería o 3, e tachamos os seus múltiplos. Se seguimos este proceso ata rematar a serie, os números que queden sen tachar serán os números primos que hai na mesma.

Eratóstenes foi un deses homes gregos que dedicou a súa vida o saber. Eratóstenes fixo progresos en diferentes ámbitos, posiblemente sexa máis coñecido por ter calculado con asombrosa precisión a circunferencia do planeta. Fixo o primeiro mapa do mundo baseado en paralelos e meridianos. Foi o fundador da Ciencia da Cronoloxía. Xa maior, ó quedarse cego e non poder seguir coas súas lecturas e as súas investigacións, Eratóstenes puxo fin a súa vida.

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003