Charles Babbage foi, con moita anticipación, o precursor da computación que nacería un século despois. Traballando nunha era preeléctrica descubriu principios que foron levados á práctica por Von Neumann nos anos 1940.

Co avance a saltos da tecnoloxía, a finais do S. XVIII, as táboas matemáticas foron adquirindo importancia como axuda para o cálculo. Esas táboas solían estar plagadas de erros imputables tanto á execución das contas como ó proceso de impresión. En 1820, Charles Babbage, consciente dos problemas inherentes á realización dunha táboa, decidiu deseñar e construír unha máquina que puidese computar e deixar escritas táboas matemáticas: A Máquina de Diferencias. Tras un intento fallido, en 1833, Babbage concibiu a idea de desenvolver a Máquina Analítica, que esixía procedementos matemáticos moito máis sofisticados aínda. A idea da Máquina Analítica independizouse, finalmente, do proxecto precedente. Era moi similar, en concepto, ós actuais ordenadores. Era decimal -o sistema máis natural para o home - e capaz de realizar virtualmente calquera operación. A Máquina -cando estivese construída- seguiría instruccións programadas que os homes crearían no seu interior e incluso sería capaz de optar entre diversas instruccións, baseándose nos resultados das operacións anteriores. Tanto os datos como as instruccións ingresaban por separado en tarxetas perforadas.

Os resultados finais sairían impresos automaticamente. A maior innovación era a incorporación dun cilindro para o control de operacións complexas, como a multiplicación e a división.
Non se sabe exactamente en que medida os traballos precursores de Babbage influíron sobre o deseño dos primeiros ordenadores electrónicos no noso século.



http://www.surveyhistory.org/charles_babbage.htm
Charles Babbage


www.tcf.ua.edu/az/ITHistoryOutline.htm
Maquina analítica


www.tcf.ua.edu/az/ITHistoryOutline.htm
Máquina diferencial

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003