Foi
un neno prodixio. Os seus primeiros traballos están dedicados á xeometría,
redactando moi novo o Tratado sobre as seccións cónicas.
Logo dedicaríase á física e á hidrostática,
formulando a Lei de Pascal. No 1655 tivo unha fonda experiencia relixiosa,
polo que se retirou ó convento de Port Royal, onde xa vivía
a súa irmá monxa. Aquí abandonaría case
por completo a ciencia para dedicarse á filosofía.
O Pascal, a moderna linguaxe de programación, lembra a súa
contribución á teoría computacional.
O
pai de Pascal, Étienne Pascal, ensinoulle todo ó seu
fillo Blaise. Étienne Pascal era presidente do Tribunal de
Impostos de Clermont e matemático, sendo a persoa que adentrou ó seu
fillo -de neno non foi a escola nin tivo amigos- no mundo dos números.
Como mostra de cariño, Blaise inventou para o seu pai unha
pequena máquina de calcular: a Pascalina.
A
Pascalina foi un invento co que Pascal deu un gran paso na historia
das máquinas de cálculo. A Pascalina, que hoxe se atopa
no Museo Nacional de Artes e Oficios de París, é unha
caixa de madeira con seis rodas provistas cada unha delas de dez
radios dourados que representan as dez cifras. Cando nunha das rodas
se completan todos os radios, engádese un radio á seguinte
roda. O mecanismo de Pascal era moi sinxelo, pero daba con algo no
que ninguén pensara antes, un mecanismo de acarreo que sumaba
automaticamente a cantidade retida á columna seguinte.