Dende
tempos remotos (600 - 1.000 da nosa era.), os pobos andinos empregaron
un sistema propio para manter rexistros numéricos
en cordas con nós de algodón. Son os chamados "Quipus",
que incluso foron aceptados como proba válida dun rexistro
polas cortes españolas nos tempos coloniais.
O
quipu emprega o sistema métrico decimal. Consta dunha corda
base, da que penden outras cordas. Nestas cordas vanse facendo nós
para representar os números do 1 ó 9 (cada nó é unha
unidade) e a posición do nó respecto da corda base indica
o valor (millar, centena, decena, unidade) que teñen os nós.
O cero era representado pola falta de nó nunha posición
concreta. Fíxate neste exemplo: