Este
americano, fillo de inmigrantes alemáns, graduouse en Enxeñería
de Minas. O seu primeiro emprego foi na oficina nacional de empadroamento
onde colaborou na elaboración do censo de 1.880 e puido observar
que todo o traballo se realizaba de forma manual, o que implicaba demasiado
tempo (cando debía empezar a elaboración do censo seguinte
-dez anos máis tarde- acabábase de elaborar o anterior).
No censo de 1.890 a máquina feita por Hollerith conseguiu os
resultados censais en 2 anos e medio.
En
1896, Hollerith fundou unha compañía, a "Tabulating
Machine Company".