Filla do famoso poeta inglés Lord Byron e Isabelle Milbanke. Trala separación dos seus pais, a súa nai fixo todo o posible para que Ada non fora unha poetisa como o seu pai. Byron chamaba á propia Isabelle "a Princesa dos Paralelogramos" polo seu amor ás matemáticas. Ada compartiu esta paixón e publicou unha edición anotada das "Nocións sobre a Máquina Analítica de Charles Babbage". Nesta publicación deu nocións para programar esta máquina e aportou o que se considera o primeiro programa informático. ADA conta cunha linguaxe de programación que leva o seu nome.


http://www.cs.kuleuven.ac.be/~dirk/ada-belgium/pictures.html
Ada Lovelace

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003