Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
312 visitantes
Total dende 21-12-05: 66663647 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Seminario ICTS: Dinámica Molecular nos Fosfatos de Zirconio
02.11.2010
Ponente: Amaia Saracibar - Universitá degli Study di Perugia, Italy
Día e hora:  Xoves 4 de Novembro ás 12:00h.
Lugar: Sala de presentacións do edificio da Fundación CESGA, Avda. de Vigo s/n, 15705, Santiago de Compostela.

A investigación estructural dos fosfatos de zirconio, así como o cálculo da súa conductividade protónica, é de grande interese debido a súa aplicación tecnolóxica no deseño das membranas utilizadas nas pilas de combustible. Estes compostos foron amplamente estudados dende o punto de vista experimental. Determináronse así dúas estructuras cristalinas cunha transición de fase entre elas a 450K, e tamén se mediu a conductividade protónica de ambas estructuras.
(+)
DESENVOLVEN TECNOLOXÍA CLOUD CONTRA A MALARIA
02.11.2010
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Fundación Centro de Supercomputación de Castela e León (FCSCL), realizaron a primeira experiencia internacional de cloud de Computación de Altas Prestacións (HPC) entre centros de supercomputación, para dar resposta á solicitude urxente do grupo "Scientists Against Malaria" (Científicos contra a Malaria), unha organización virtual de investigadores de diferentes disciplinas e pequenas compañías innovadoras que colaboran na procura de novos fármacos contra a malaria.
(+)
Conferencia sobre Neutralidade da Rede. Ciclo de conferencias ISOC-ES
27.10.2010
O próximo Xoves 4 de Novembro ás 18:00 horas terá lugar a conferencia "Neutralidade de Rede" impartida polo Sr. Pau Janet, Enxeñeiro en Telecomunicación e Director Xeral de Proa IT Services.
Esta conferencia englóbase dentro do ciclo de conferencias organizadas por o Capítulo Español de ISOC para achegar temas de interese á súa comunidade. Poderá ser seguida en directo de xeito presencial ou de xeito remoto dende Internet.
(+)
Deseñado con Supercomputadores
11.10.2010
Bloomberg Businessweek destaca esta semana como cada vez máis as grandes compañías utilizan os supercomputadores máis veloces do mundo para deseñar e simular como funcionarán os seus produtos na vida real. De avións a paus de golf, cada vez máis compañías dependen da supercomputación para crear os seus produtos.
(+)
Seminario público no marco das estancias ICTS
21.09.2010
Título:"Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento"
Lugar: Sala de presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Data: Venres 24
Hora: 12:00 a.m.
Relator: Iván Conde Leborán
Sinopse:
O investigador da USC Iván Conde Leborán ofrecerá un seminario público titulado "Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento". Este seminario forma parte da serie de seminarios públicos que se realizan durante as estancias otorgadas no marco da convocatoria de accesos a ICTS-CESGA para o 2010 e financiadas polo MICINN (referencia ICTS-2009-40).
(+)
CONCURSO ABERTO DO SUBMINISTRO DUN "CLUSTER HIGH THROUGHPUT COMPUTING (HTC)"
21.09.2010
Convoca Fundación CESGA.
(+)
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA