Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
187 visitantes
Total dende 21-12-05: 75455897 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Máster Oficial Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións
13.07.2011
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) organizan o Máster Oficial Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións. Este máster ten como principal obxectivo a formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no campo da arquitectura de computadores, a computación de altas prestacións e a xestión e desenvolvemento de proxectos en Ciencia Computacional.
http://gac.des.udc.es/master/.
(+)
Aumento do tempo de execución para traballos en SVG
12.07.2011
Despois dun período de probas do sistema, auméntanse os límites de tempo de execución no supercomputador SVG até os seguintes valores:
- traballos secuenciais sen checkpoint: 300 horas,
- traballos secuenciais con checkpoint: 1000 horas,
- traballos de 2 a 4 procesadores: 200 horas,
- traballos de 5 a 8 procesadores: 100 horas,
- trabajos de 9 a 16 procesadores: 50 horas,
- traballos de 17 a 24 procesadores: 25 horas.
Estes límites entraron en efecto o 12 de Xullo.
Parada programada no sistema de ficheiros SFS
08.07.2011
O próximo xoves día 14 vaise realizar unha parada programada do sistema de ficheiros SFS do FT.
Esta parada realizarase entre as 8:00 e as 9:30 horas.
Neste tempo o SFS non estará accesible, pero si o será o FT e os datos que poida ter no seu HOME. Calquera traballo que teña que escribir no SFS quedará esperando a que sexa de novo accesible.

Desculpen as molestias.
O GRAN RETO DA SIMULACION COMPUTACIONAL A LONGO PRAZO E O CORPO HUMANO CON TODOS OS SEUS SISTEMAS
07.07.2011
Máis de 130 expertos de 20 países reúnense estes días en Santiago de Compostela ao redor de Eleuterio F. Toro, profesor de Análise Numérica da Universidade de Trento, recoñecido internacionalmente pola súa contribución á educación e ao desenvolvemento de métodos numéricos para ecuacións derivadas parciais. O Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, coa Profesora Elena Vazquez Cendón como coordinadora, organiza estes días na súa honra a Conferencia Internacional “Numerical Methods for Hyperbolic Equations. Theory and Applications”, que reune en Compostela a algúns dos máis destacados e importantes expertos en Métodos Numéricos para Ecuacións Hiperbólicas da comunidade matemática e a enxeñaría internacional.
(+)
CESGA participa no Congreso internacional The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems
01.07.2011
Entre os vindeiros 3 e 8 de Xullo celebrarase na USC o congreso internacional "The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems". Conta coa participación de 60 investigadores de máis de 20 nacionalidades distintas e terá lugar no novo edificio do "Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares" (CIQUS), que forma parte do Campus Vida da USC. O obxectivo do congreso é reunir a investigadores emerxentes no eido da física de sistemas de electróns fortemente correlacionados e promover colaboracións entre eles nunha atmósfera distendida.
(+)
Execución mais eficiente de códigos Monte Carlo en Grid
21.06.2011
O próximo xoves, 23 de xuño ás 12:00 PM.
Lugar: Sala de Presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia, Avenida de Vigo s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Poñente: Rafael Mayo, da Unidade de Supercomputación e desenvolvemento Grid, Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), Madrid.

Os códigos Monte Carlo son usados amplamente en infinidade de áreas científicas e sociais. Así mesmo, pola súa estrutura, son ideais para poder executarse en plataformas de cálculo distribuído como o Grid. Non obstante, o carácter dinámico desta última permite unha mellor execución deste tipo de códigos se se logra caracterizar en tempo real todas as súas capacidades, mellorando así a planificación de tarefas. Na charla presentarase como se logrou implementar esta planificación e os resultados que se obtiveron sobre infraestruturas reais en produción en distintos códigos Monte Carlo.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA