Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
356 visitantes
Total dende 21-12-05: 67235499 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Simulación computacional do entrelazamento da materia cuántica condensada PDF E-mail
Roger Melko, investigador do Dep. de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, presenta o traballo realizado recentemente en colaboración con investigadores do CESGA.
Os teóricos da materia condensada están comezando a explotar as propiedades do entrelazamento como recurso para o estudo dos materiais cuánticos. Na seguinte conferencia Melko mostra os recentes descubrimentos no cálculo da entropía do entrelazamento en dous e máis dimensións, utilizando técnicas Monte Carlo de simulación cuántica avanzada.
Ver aquí o vídeo:
(+)
Actualizado ( 16.09.2010 )
Parada programada do FINIS TERRAE PDF E-mail
O próximo dia 30 de Xuño realizárase unha parada programada do sistema Finis Terrae entre as 8:00 e as 18:00, para labores de mantemento, polo que devandito sistema non estará accesible. Así mesmo, aqueles traballos que non finalizen con anterioridade a ese día non entrarán en execución no sistema de colas. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co departamento de sistemas.
Actualizado ( 13.06.2011 )
AMPLIACIÓN E ACTUALIZACIÓN DA INFRAESTRUTURA CIENTÍFICO TECNOLÓXICA FINISTERRAE DO CESGA PDF E-mail

Esta mañá presentouse nocentrode Supercomputación de Galicia, CESGA, a nova ampliación do Supercomputador Virtual Galego, SVG, para realizar cálculos complementarios ou de pre e post proceso do Finisterrae. Trátase dun novo supercomputador para HTC ou computación throughput, frecuentemente utilizado para investigación en Xenómica, Dinámica Molecular, Deseño de Fármacos ou Enxeñarías, entre outras disciplinas. A nova máquina duplica a capacidade de computación dos sistemas do CESGA neste tipo de cálculo, pasando de 9 a máis de 18 Teraflops e supón unha mellor asubstancial dos servizos ofrecidos aos usuarios docentro.
(+)

Actualizado ( 31.05.2011 )
O MASTER EN SUPERCOMPUTACIÓN FORMA PROFESIONAIS PARA A INDUSTRIA E A INVESTIGACIÓN PDF E-mail
  • UDC, USC e CESGA imparten conxuntamente o Master en Computación de Altas Prestacións.
  • A industria demanda cada vez mais profesionais con formación específica en Computación de Altas Prestacións.
As técnicas de Computación de Altas Prestacións (HPC) tentan dar resposta a numerosos problemas de Ciencia e Enxeñaría que requiren o procesado de grandes cantidades de datos numéricos, reducindo os tempos de resolución e posibilitando o tratamento de problemas de maior complexidade. Hoxe o Presidente do CESGA e Director Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Ricardo Capela Pueyo, o Reitor da Universidade dá Coruña, José María Barja Pérez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, presentaron o Master Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións . Froito da colaboración entre a UDC, USC e CESGA, nace como resposta á demanda crecente de profesionais con este perfil en supercomputación, tanto para a industria como para a investigación. Así este MASTER conta coa colaboración de numerosas empresas do sector como IBM, Fujitsu, Bull, HP, Intel, AMD, Gompute e Dygra Films.
(+)
O GRAN RETO DA SIMULACION COMPUTACIONAL A LONGO PRAZO E O CORPO HUMANO CON TODOS OS SEUS SISTEMAS PDF E-mail
Máis de 130 expertos de 20 países reúnense estes días en Santiago de Compostela ao redor de Eleuterio F. Toro, profesor de Análise Numérica da Universidade de Trento, recoñecido internacionalmente pola súa contribución á educación e ao desenvolvemento de métodos numéricos para ecuacións derivadas parciais. O Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, coa Profesora Elena Vazquez Cendón como coordinadora, organiza estes días na súa honra a Conferencia Internacional “Numerical Methods for Hyperbolic Equations. Theory and Applications”, que reune en Compostela a algúns dos máis destacados e importantes expertos en Métodos Numéricos para Ecuacións Hiperbólicas da comunidade matemática e a enxeñaría internacional.
(+)
Actualizado ( 07.07.2011 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 10 - 18 de 297
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA