O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Fundación Centro de Supercomputación de Castela e León (FCSCL), realizaron a primeira experiencia internacional de cloud de Computación de Altas Prestacións (HPC) entre centros de supercomputación, para dar resposta á solicitude urxente do grupo "Scientists Against Malaria" (Científicos contra a Malaria), unha organización virtual de investigadores de diferentes disciplinas e pequenas compañías innovadoras que colaboran na procura de novos fármacos contra a malaria. (+)
Actualizado ( 02.11.2010 )
Publicado o Informe Técnico: Integración de dispositivos biomédicos en sistemas de teleasistencia.
O CESGA procederá a dar de baixa un total de 6 aplicacións de cálculo científico debido á falta de demanda das mesmas entre os usuarios do Centro. Estas aplicacións, revisada a súa funcionalidade, apenas tiveron uso nos últimos dous anos.
FÍSICOS DE ALTAS ENERXÍAS DA USC PARTICIPAN NO EXPERIMENTO QUE CAMBIARÁ A HISTORIA DA FÍSICA
Os primeiros datos reais dos experimentos do LHC empezan a chegar aos centros de computación, como o CESGA, para a súa posterior análise.
O 30 de marzo de 2010 o acelerador de partículas máis grande do mundo, o Large Hadron Collider, LHC, instalado no CERN, reproduciu as condicións existentes tras o Big Bang ao facer colisionar dous feixes de protóns cunha enerxía de 7 TeV (teraelectronvoltios). Nos experimentos participan miles de científicos de grupos de investigación de máis de 37 países, entre os que se encontra o *Grupo de Investigación de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela.*
Dirixido polo catedrático Bernardo Adeva Andany, o Laboratorio de Física de Altas Enerxías da USC é parte integrante do equipo internacional a cargo do Silicon Tracker do detector do LHCb, un dos seis experimentos en marcha no LHC do CERN. O grupo da USC investiu 10 anos na construción do detector interno do Silicon Tracker, o Inner Tracker, empregando instrumental e tecnoloxía propios.
Varios dos seus membros desempeñan labores de coordinación no experimento no CERN. O grupo ademais opera un centro Tier-2 para o proceso de datos do experimento LHCb, e veñen desenvolvendo unha infraestrutura de computación grid para recepción e análise dos datos, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, e a Universidade de Barcelona. (+)
Deseñado con Supercomputadores
Bloomberg Businessweek destaca esta semana como cada vez máis as grandes compañías utilizan os supercomputadores máis veloces do mundo para deseñar e simular como funcionarán os seus produtos na vida real. De avións a paus de golf, cada vez máis compañías dependen da supercomputación para crear os seus produtos. (+)