Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
2193 visitantes
Total dende 21-12-05: 67227590 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CESGA participa no Congreso internacional The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems PDF E-mail
Entre os vindeiros 3 e 8 de Xullo celebrarase na USC o congreso internacional "The New Generation in Strongly Correlated Electron Systems". Conta coa participación de 60 investigadores de máis de 20 nacionalidades distintas e terá lugar no novo edificio do "Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares" (CIQUS), que forma parte do Campus Vida da USC. O obxectivo do congreso é reunir a investigadores emerxentes no eido da física de sistemas de electróns fortemente correlacionados e promover colaboracións entre eles nunha atmósfera distendida.
(+)
Actualizado ( 01.07.2011 )
A infraestrutura de Grid de EGEE ataca á gripe aviar PDF E-mail
Durante o mes de abril, un grupo de laboratorios europeos e asiáticos analizaron 300.000 posibles compoñentes farmacéuticos para combater o virus H5N1 da gripe aviar, utilizando para iso a infraestrutura de Grid de EGEE. A utilización desta rede Grid, na que participou o CESGA, para identificar as pautas máis prometedoras á hora de realizar análises biolóxicas podería acelerar o proceso de desenvolvemento de fármacos contra o virus da gripe.
Actualizado ( 12.05.2006 )
(+)
Cancelación do servicio de MATLAB no CESGA PDF E-mail
MATLAB e os seus produtos relacionados deixan de estar dispoñibles dende o día de onte (14 de xaneiro de 2010) nos servidores do CESGA, debido ao impedimento actual que impón a licenza emitida por MATHWORKS.
Por favor se considera necesario o seu uso nun futuro pongase en contacto con aplicacions@cesga.es
Actualizado ( 15.01.2010 )
MEDIO AMBIENTE, PORTOS DO ESTADO E CESGA ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER MODELOS OCEANOGRÁFICOS PDF E-mail
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou xunto co presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, e o presidente da Fundación Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Ricardo Capilla, un convenio pioneiro que sitúa a Galicia na vangarda dos estudos oceanográficos. A través desta colaboración promoveranse actividades que melloren a capacidade científica, técnica e formativa destas institucións.

O acordo permitirá abordar a posta en marcha e avaliación dun modelo oceanográfico operacional para toda a fachada atlántica europea. Ademais, posibilitará a execución dun modelo oceánico rexional para a costa atlántica española que permita prever o comportamento da circulación oceánica e o nivel do mar no período 2000- 2050 en función de diversos escenarios de cambio climático.
(+)
Actualizado ( 19.02.2010 )
CONVENIO DE COLABORACIÓN EN SUPERCOMPUTACIÓN ENTRE O CESGA E A FCSCL PDF E-mail
A Fundación Centro de Supercomputación de Castilla-León (FCSC) e a Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), formalizaron hoxe na Delegación territorial da Junta de Castilla-León en León, un Convenio de Colaboración na área de Supercomputación, que desenvolve e dá contido concreto na área de I+D+i aos acordos marco xa existentes entre os gobernos destas comunidades.
(+)
Actualizado ( 28.04.2011 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 28 - 36 de 297
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA