Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » España e Portugal crearán unha infraestructura común en computación distribuida e supercomputación
Destacados

Conectados
1732 visitantes
Total dende 21-12-05: 65432282 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

España e Portugal crearán unha infraestructura común en computación distribuida e supercomputación PDF E-mail
Os ministros de Educación e Ciencia de España e Portugal, Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo e José Mariano Gago, respectivamente, anunciarán o vindeiro luns en Santiago a creación dunha potente infraestructura conxunta entre ambos países en materia de computación distribuida GRID e de supercomputación. O anuncio producirase no marco da I Conferencia Ibérica IBERGRID, que terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela entre o 14 e o 16 de maio.

A computación distribuida ou grid, deseñada para resolver problemas demasiado grandes para calquera supercomputadora, é unha infraestructura que permite a integración e o uso colectivo de ordenadores de alto rendemento, redes e bases de datos que son propiedade e están administrados por diferentes institucións.

IBERGRID debe ser unha marca que simbolice unha cooperación ampla e aberta entre España e Portugal en materia de e-Ciencia, así como unha alianza estratéxica para defender en común os intereses de ambos países na Unión Europea, particularmente, os relacionados coa cooperación con Latinoamérica, Área Mediterránea e África Central.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o organismo encargado de organizar esta primeira edición da Conferencia Ibérica IBERGRID, que terá unha periodicidade anual, movéndose xeograficamente por diferentes cidades de España e Portugal. Na cerimonia oficial de apertura falarán os responsables de Educación e Ciencia de España e Portugal, o responsable de infraestructuras para investigación na Comisión Europea, Mario Campolargo, e o conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco, en calidade de anfitrión.

Entre os poñentes atópanse tamén Ramón Gavela, do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), que actúa en representación dos membros da Comisión Mixta encargados de confeccionar e supervisar o plan de implantación desta infraestructura.

A conferencia espertou grande interese tanto a nivel de asistentes como de patrocinadores. No Pazo de Congresos de Santiago concentraranse durante os tres días das xornadas ao redor de 150 persoas, na súa maioría membros de diferentes universidades e centros tecnolóxicos e de investigación repartidos por toda a xeografía española e portuguesa. O elevado grado de especialización e a relevancia internacional do Plan IBERGRID espertou tamén o interese de empresas punteiras no sector tecnolóxico como Bull, Dell, Fujitsu Siemens, Sun Microsystems, Intel, HP Invent ou Telindus, que patrocinan a conferencia.

O acto de inauguración da Conferencia terá lugar ás 10.30 da mañá do luns. Ás 11.30 a ministra Cabrera e o ministro Gago darán unha rolda de prensa. Tanto a sesión inaugural como o resto de conferencias serán retransmitidas en directo a través da páxina web www.ibergrid.eu

Actualizado ( 11.05.2007 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA