Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » O CESGA colaborará cos grupos galegos de usuarios de GNU/Linux
Highlights

Users Online
2273 guests online
Total since 21-12-05: 66737364 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O CESGA colaborará cos grupos galegos de usuarios de GNU/Linux PDF E-mail
O CESGA e os Grupos Galegos de usuarios de GNU/Linux (GUGL) traballarán conxuntamente para lograr unha maior implantación do software libre en Galicia. O convenio que recolle esta iniciativa asinouse esta mañá nas dependencias da Xunta de Galicia.

No acto estiveron presentes a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, o director xerente do CESGA, Javier García Tobío, e os representantes dos diferentes grupos.

O acordo contará coa participación dun importante número de grupos de usuarios de GNU/Linux que operan en Galicia: a Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (AULUSC), a Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX), a Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Ourense (GULO), a Asociación Universitaria Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL), a Asociación Cultural Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON) e a Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG).

A iniciativa, coordinada dende o CESGA, pretende incentivar a realización de seminarios e congresos, a organización de actividades de difusión de diversa índole, así como tamén a elaboración de contidos de interese (CDs, publicacións...) para a Iniciativa Galega polo Software Libre -proxecto de recente creación, que se vén concretando na web mancomun.org.

Todas estas propostas serán plasmadas nun plan de actuacións que presentará cada grupo nun prazo de 60 días e que, tras ser consensuado co CESGA, se materializará no período que abrangue ata decembro de 2007. As actividades estarán coordinadas por unha mesa de traballo formada polo CESGA, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e os propios GUGL.

Para máis información ver nota de prensa.

Last Updated ( 23.06.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA