Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » Innovación e Industria presenta o Open Office en galego e o corrector ortográfico de software libre
Highlights

Users Online
4260 guests online
Total since 21-12-05: 65366811 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Innovación e Industria presenta o Open Office en galego e o corrector ortográfico de software libre PDF E-mail
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou esta mañá en Santiago as novas aplicacións informáticas en software libre que se poderán descargar de balde dende mañá, 17 de maio, do portal mancomun.org.

En concreto, Fernando Blanco presentou a tradución ao galego do paquete ofimático Open Office 2.0, así como dun corrector ortográfico baseado na normativa oficial da lingua galega actualmente vixente. O conselleiro nacionalista explicou na presentación desta iniciativa que non se trata dunha actuación “illada”, senón que, ao contrario, forma parte da Iniciativa Galega polo Software Libre xa presentada o pasado 10 de maio e que recolle o compromiso que a Xunta de Galicia asume coa promoción do software libre.

Ferramentas

O paquete ofimático Open Office 2.0 conta con procesador de textos, un xestor de folla de cálculo, base de datos, ferramentas para realizar presentacións multimedia, debuxos vectoriais, gráficos e fórmulas, amais de varias utilidades de conversión de ficheiros, entre outros, os formatos de Microsoft Office. Con máis de 40 millóns de descargas o pasado abril de 2005, OpenOffice é a ferramenta de software libre máis distribuída do mundo.

Este paquete pódese actualizar a través da propia rede e agora preséntase por primeira vez traducido ao galego, para estar dispoñible dende mañá, de maneira gratuíta, para todos os usuarios de Galicia (mancomun.org). Asemade, na tarde de mañá repartiranse os primeiros 500 Cd’s con Open Office na Alameda de Santiago de Compostela, nos cibercamións do Arredemo Lab de A Cultura Circula.

Pola súa banda, o corrector ortográfico presentado hoxe, tamén descargable dende mañá na páxina mancomun.org, baséase na normativa oficial da lingua galega actualmente vixente, que se rexe polas normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003. Tanto o léxico coma a morfoloxía nominal e verbal contemplarán todas as solucións dadas como correctas nas normas da RAG.

O corrector utiliza o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA), propiedade do Instituto da Lingua Galega (ILGA) e da Real Academia Galega (RAG). O dicionario empregado conta con 7 millóns de palabras, delas máis de 30.000 son lemas, máis de 500, abreviaturas, máis de 1.500 nomes e apelidos e máis de 400, siglas e acrónimos. O corrector axústase ao estándar en corrección lingüística (funcións de comezar, deter, ignorar, cambiar, engadir...) e corrixe erros de sufixos e terminacións, de formación do plural, de acentuación, da segunda forma do artigo, de conxugacións, etc.

Produción de servizos e contidos web de interese galego

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou tamén un convenio de colaboración co presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, para a presenza na rede de materiais lingüísticos de grande utilidade e alta caliadade, para o uso xeneralizado dos galegos e galegas.

En concreto, a Consellería investirá 36.600 euros para o proxecto de dicionario monolingüe e a súa instalación en Internet; 8.000 euros para a posta en rede do Mapa Sociolingüístico de Galicia, publicado xa en material impreso e cuxa dispoñibilidade na rede contribuirá a dar un bo servizo e a fomentar a sociedade da información; e 18.000 euros para a realización dunha colección de dicionarios bilingües.

Seguimento da banda larga en Galicia

No mesmo acto o titular de Innovación e Industria asinou outro convenio coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, representada polo seu presidente, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, para o seguimento da extensión da banda larga no noso país.

A AETG, coa achega financeira da Consellería, que investirá no proxecto 150.603 euros, fará o seguimento dos plans de extensión de banda ancha actualmente en execución e sobre as programacións de 2006 e pendentes de 2005. Asemade, comprobará as deficiencias observadas pola Consellería relativas á banda larga e á prestación do servizo universal de telefonía; realizará o deseño e mantemento dunha aplicación informática relativa ás infraestruturas de telecomunicacións existentes en Galicia, que permitirá coñecer o estado actual da cobertura de banda larga e a súa evolución recente; analizará o estado da arte das tecnoloxías de telecomunicacións e cales e en que momento son de interese para a sociedade galega e para determinados núcleos; e acometerá a difusión dos datos acadados na execución das actuacións anteriores.

Last Updated ( 16.05.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA