Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » O proxecto Torga.net fai realidade a ponte tecnolóxica entre Galicia e o norte de Portugal
Highlights

Users Online
1780 guests online
Total since 21-12-05: 65340185 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O proxecto Torga.net fai realidade a ponte tecnolóxica entre Galicia e o norte de Portugal PDF E-mail

Galicia e a rexión Norte de Portugal colaborarán de xeito máis estreito no desenvolvemento do I+D+I na Eurorrexión, grazas á consolidación dunha rede de alta velocidade entre os campus galegos e os campus da Universidade de Minho froito do proxecto comunitario Torga.net. Nun acto celebrado esta mañá de forma simultánea entre as cidades de Vigo e Braga expuxéronse os resultados obtidos ao longo do período efectivo da iniciativa.

O proxecto TORGA.net permitiu crear unha rede de comunicacións avanzadas de última xeración que interconecta os campus de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Braga e Guimaraes mediante liñas de fibra óptica dunha capacidade de ata 1 Gigabit por segundo, ampliable a 10 Gbps. No campus de Santiago, esta rede chega ao CESGA, onde engarza coa Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA), co nodo de RedIRIS en Galicia e co Punto Neutro de Intercambio de Tráfico de Internet, GALNIX. A través da RECETGA, interconéctanse tamén o resto das Universidades e Centros Tecnolóxicos galegos e portugueses.

A clausura do proxecto realizouse simultaneamente e de xeito remoto dende a cidade de Vigo e Braga, facendo uso das propias salas Access Grid. No evento interviron, dende a cidade olívica, o Vicerreitor de Innovación e Calidade da Universidade de Vigo e e o Director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e dende a cidade lusa, o Vicerreitor de investigación da Universidade do Minho, así como o Director do Centro de Computaçao Gráfica (CCG)

O proxecto péchase cun balance máis que positivo e cos obxectivos iniciais plenamente satisfeitos. Posto que, xunto a posta en produción da propia rede Torga.net, creouse a primeira trama de salas de Access Grid da Península e unha plataforma Grid de cálculo científico.

Nesta tarefa, o CESGA tivo un papel relevante, non só na implantación e xestión das citadas infraestruturas, senón tamén na súa promoción e difusión. Neste senso, realizáronse numerosas actividades como cursos de formación e posgrao conxuntos a distancia (programa de doutoramento en endocrinoloxía da Universidade de Santiago-Universidade de Vigo, participación remota en congresos científicos con base en EEUU...), difundíronse máis de trinta eventos rexionais e nacionais (Xornadas de e-Ciencia, HPCN, Xornadas Técnicas de RedIris...), publicáronse numerosos artigos en medios técnicos, así como outras actividades de promoción tales como visitas ás dependencias do CESGA, xornadas de portas abertas ou mesmo un encontro infantil transfronteirizo na Semana da Ciencia.

Máis de catro millóns de euros investidos para o desenvolvemento de I+D+I na Eurorrexión

A rede Torga.net financiouse mediante un proxecto Interreg IIIA. Como cofinanciadores participaron a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués.

A implantación desta infraestrutura avanzada de comunicacións supuxo un investimento superior aos 4 millóns de euros dos que a Unión Europea achegou un 75% (máis de tres millóns de euros).

A implantación da rede e a súa xestión correron a cargo dos técnicos do Centro de Supercomputación de Galicia xunto cos da Universidade de Vigo.

Unha aposta decidida pola tecnoloxía Grid

No marco do proxecto Torga.net instalouse tamén a primeira rede de salas Access Grid da Península. Puxéronse en funcionamento sete salas deste tipo repartidas entre os distintos campus interconectados a través da rede e creouse un unidade Access Grid portátil.

A tecnoloxía Access Grid é unha forma de conexión telemática deseñada para facilitar o traballo colaborativo de grupos de investigación afastados. Estas salas contan para iso con tecnoloxía de transmisión de audio e vídeo de última xeración, que permite a realización de múltiples videoconferencias de alta calidade ao tempo que se comparten documentos, se lanzan aplicacións contra servidores distantes ou se analizan datos tomados en tempo real de sensores dispersos xeograficamente.

Así mesmo, o CESGA desenvolveu coa colaboración das Universidades de Vigo e do Minho, unha plataforma de computación Grid que permite realizar cálculos científicos de forma remota en ordenadores distribuídos pola rede Torga.net.

Potenciando espazos transfronteirizos

Galicia e o norte de Portugal abranguen conxuntamrente unha superficie maior cá de países como Bélxica, Holanda, Suíza ou Dinamarca, e suma unha poboación superior aos seis millóns e medio de persoas. Porén, a súa situación xeográfica periférica supón unha eiva a nivel competitivo fronte a outras rexións.

Neste senso, a rede Torga.net contribuíu a un maior achegamento destes dous territorios vinculados non só cultural e históricamente, senón tamén económica e produtivamente. Un factor que, aplicado ao eido do desenvolvemento científico, está a explotarse como un valor engadido de cara á potenciación internacional conxunta de ambas rexións.

Na mesma liña, a infraestrutura constitúe un piar fundamental para o desenvolvemento da nova política do executivo autonómico de cooperación co norte de Portugal. Estas medidas, que se plasmarán no Plan Estratéxico Galicia-Norte de Portugal para o período 2007-2013, terán como un dos eixos vertebradores o desenvolvemento da innovación tecnolóxica, para a cal as infraestruturas de comunicación serán básicas.

Last Updated ( 26.04.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA