O CESGA estivo presente no FISUM 7 (7ª Reunión Internacional de Usuarios de Supercomputación de Fujitsu) celebrado en Toulouse do 4 ao 6 de novembro. Todos os anos acuden a esta reunión organismos e empresas que posúen superordenadores da casa Fujitsu. Nestas xornadas de traballo, os usuarios comparten as súas experiencias cos superordenadores e expertos de Fujitsu presentan as liñas mestras dos seus proxectos de investigación e desenvolvemento no campo da supercomputación.
Esta edición do FISUM fixo especial fincapé nos sistemas de almaceamento masivo. O CESGA conta con: dous robots de discos magnetoópticos de cen Gigabytes de capacidade cada un, e cun robot de cintas LT de un Terabytes de capacidade. Ao longo das xornadas, os asistentes visitaron as instalacións de Meteo France, Centro Nacional de Meteoroloxía de Francia que, igual que o CESGA, conta cun VPP300.