Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Computación » Summer School 2011
Destacados

Conectados
372 visitantes
Total dende 21-12-05: 66804064 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CESGA Computational Science Summer School 2011 PDF E-mail



 

Ampliado o prazo de inscrición: 15 de maio


CESGA convoca a terceira "CESGA Computational Science Summer School" que se celebrará do 4 de xullo ao 30 de setembro de 2011. A Summer School está dirixida a licenciados, enxeñeiros, investigadores e programadores, tanto do ámbito académico como empresarial, que estén a desenvolver solucións de software no ámbito científico-técnico, ou que desexen mellorar a súa cualificación en ciencia computacional e desenvolver a súa carreira como programadores de aplicacións científicas ou de cálculo intensivo. Esta Summer School tamén está orientada a aqueles profesionais que desexen sacar o máximo rendemento ás novas arquitecturas de procesadores.

Os obxectivos da CESGA Computational Science Summer School 2011 (CCSSS11) son os seguintes:
  • Proporcionar capacitación no desenvolvemento de aplicacións científicas de cálculo intensivo.
  • Proporcionar capacitación na programación de aplicacións de computación paralela.
A CCSSS11 divídese nesta terceira edición en dous niveles centrados en cumprir estes dous obxectivos.


Durante a Summer School impartiranse os seguintes cursos de formación en programación, optimización e depurado de aplicacións científicas, tanto secuenciais coma paralelas:

Nivel Básico

  • Programación en Fortran (05/07-08/07, 09:00 a 14:00 horas)
  • Programación en C (11/07-15/07, 10:00 a 14:00 horas)
  • Compilación, execución e optimización de programas científicos (18/07-22/07, 10:00 a 14:00 horas)
  • Introducción a algoritmos de resolución de aplicacións científicas (26/07-29/07, 09:00 a 14:00 horas)

Nivel Avanzado

  • Programación paralela utilizando directivas OpenMP (30/08-02/09, 09:00 a 14:00 horas)
  • Introducción á programación en MPI (05/09-09/09, 10:00 a 14:00 horas)
  • Ferramentas de desenvolvemento de aplicacións paralelas: Debugging e análise do rendemento (12/09-16/09, 10:00 a 14:00 horas)
Toda a información sobre a Summer School pode atoparse neste enlace.

Datas: 04.07.2011 ó 30.09.2011
Nº horas: 140 (Nivel básico 80 horas; Nivel avanzado 60 horas)
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Nº prazas: 15 (Preferencia para os solicitantes de praza na Summer School completa, Niveles Básico e Avanzado)

Contacto:
ccsss11@cesga.es


Inscrición:

Para levar a cabo a inscrición debe cumplimentar este formulario.
Inscrición pechada.


Actualizado ( 16.05.2011 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA