Vecpar'2000 - 4th International Meeting - Vector and paralell processing
A Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto organiza por cuarta vez (dende o primeiro VECPAR celebrado en 1993) unhas xornadas multidisciplinares sobre o procesamento vectorial e paralelo.
As xornadas celebraranse en PORTO do 21 ó 23 de Xuño do 2000.
Desde o CESGA queremos animar ós nosos usuarios a presentar os seus traballos nestas xornadas. Para coñecer máis detalles encol das xornadas asómese á páxina http://www.fe.up.pt/vecpar2000/
O obxectivo fundamental destas xornadas é proporcionar un foro para a difusión dos resultados da investigación nas diversas áreas da ciencia e a enxeñería facendo uso da computación vectorial, paralela e distribuída.
A organización acaba de lanzar o "Call for Papers" para estas xornadas (na web das xornadas pode atopa-las condicións para a submisión de propostas). Os temas a cubrir inclúen entre outros:
Applications of Parallel and Distributed Computing in Engineering.