Normativa referente á nova Lei de Protección de Datos
A Lei Organica 15/1999 ten por obxecto garantir e protexer, no tocante ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente o seu honor e intimidade persoal e familiar.
Esta Lei aplicarase tanto aos arquivos públicos como aos privados que conteñan datos de carácter persoal.
Considéranse "Datos de Carácter Persoal": calquera información concerniente a persoas físicas identificadas ou identificables.
Considerase "Arquivo": Todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que fose a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso.
Entre outras, esta Lei obriga a todas as persoas físicas ou xurídicas que produzan ou manteñan arquivos con datos de carácter persoal a (1) notificar en tempo e forma á AGENCIA DE PROTECCIÓN DE DATOS e (2) a ter definidos e implantados unha serie de protocolos e normas que velen pola seguridade e proteción destes arquivos.
Dependendo do tipo de información contida nos arquivos, a lei establece tres tipos de protocolos e normas no referente a NIVEIS DE PROTECCIÓN DOS DATOS. A Lei establece un nivel básico de protección e a obriga de notificación para todos os arquivos que conteñan datos persoais. A lei tamén establece niveis especiais de protección (nivel medio e alto) para arquivos que conteñan información persoal referente a: ideoloxía, afiliación sindical, relixión, creencias, orixe racial, saúde ou vida sexual.
Se vostede ou a súa organización manteñen arquivos con datos de tipo persoal recomendámoslle encarecidamente que visite o URL da devandita axencia estatal (http://www.ag-protecciondatos.es/ )