Execución mais eficiente de códigos Monte Carlo en Grid
O próximo xoves, 23 de xuño ás 12:00 PM. Lugar: Sala de Presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia, Avenida de Vigo s/n, 15705 Santiago de Compostela. Poñente: Rafael Mayo, da Unidade de Supercomputación e desenvolvemento Grid, Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), Madrid.
Os códigos Monte Carlo son usados amplamente en infinidade de áreas científicas e sociais. Así mesmo, pola súa estrutura, son ideais para poder executarse en plataformas de cálculo distribuído como o Grid. Non obstante, o carácter dinámico desta última permite unha mellor execución deste tipo de códigos se se logra caracterizar en tempo real todas as súas capacidades, mellorando así a planificación de tarefas. Na charla presentarase como se logrou implementar esta planificación e os resultados que se obtiveron sobre infraestruturas reais en produción en distintos códigos Monte Carlo.