CÉNITS E O LUSITANIA, GAÑADORES DO "HUMANITARIAN IMPACT" NOS "ITANIUM INNOVATION AWARDS"
A Fundación Española COMPUTAEX (Computación e Tecnoloxías Avanzadas de Extremadura) e o seu Centro CénitS son os gañadores da categoría Humanitarian Impact dos premios 2010 "Itanium Innovation Awards" que cada ano concede a Itanium® Solutions Alliance. Un prestixioso panel de xuíces elixiu ao centro estremeño, sede do supercomputador baseado en Itanium, Lusitania, "polo seu apoio a unha ampla variedade de proxectos sociais, ambientais e de mellora científica da rexión. A súa entrada foi verdadeiramente de vangarda, e aplaudimos a súa lista considerable de logros e o impacto positivo na rexión dende que completou o seu lanzamento en marzo de 2009". A Fundación foi ademais elixida finalista na modalidade Computationally Intensive Applications xunto con e-Bay e a Universidade de Málaga. COMPUTAEX é unha Fundación pública sen afán de lucro fundada pola Consellaría de Economía Comercio e Innovación da Xunta de Extremadura. (+)