Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
746 visitantes
Total dende 21-12-05: 66766972 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Grid CESCA-CESGA
PDF E-mail

Periodo : 01 / 2000 - 01 / 2001

Descrición :

Os centros de supercomputación ofrecen recursos informáticos de alto rendemento enfocados cara a resolución dos problemas informáticos máis complicados (os chamados "grandes retos computacionais").

Nos últimos anos, produciuse un continuo crecemento exponencial na eficiencia dos procesadores, de acordo co postulado na lei de Moore, e se desenvolveron novas arquitecturas de computación paralelas masivas. Sen embargo, moitos problemas informáticos en diferentes áreas non poideron aínda resolverse dun xeito práctico, debido a que requiren tempos computacionais extremadamente longos. Existen incluso algúns que non poideron ser abordados en absoluto, por mor da falla de recursos computacionais como a memoria dispoñible ou o almacenamento permanente de datos.

Como en moitas outras áreas, a cooperación e a unión de recursos entre diferentes institucións constitúe a única solución real para proporcionar capacidades suficientes que permitan resolver estes problemas na práctica. A computación grid establece algúns mecanismos necesarios para conseguir este tipo de unión de potencia computacional. Un dos proxectos grid máis coñecidos é Globus, e no seu seo desenvolveuse un conxunto de compoñentes de software que nos últimos anos chegou a converterse nun estándar de facto.

Nos diferentes proxectos grid apareceron moitos testbeds diferentes, que teñen como función experimentar e sacarlle partido a esta tecnoloxía emerxente. Sen embargo, a maior parte dos proxectos relativos ao grid céntranse na execución de tarefas secuenciais, o que foi chamado "alta capacidade de procesamento", como é o caso do proxecto europeo Datagrid, e hai poucos enfocados cara á execución de tarefas paralelas dentro de grid. Algúns exemplos deste tipo de experiencias son o contorno de simulación "Cactus" e o proxecto europeo "Crossgrid". Estas aplicacións paralelas pódense beneficiar especialmente dos últimos avances en redes de área extensa en canto a ancho de banda e fiabilidade, así como da recente introducción de políticas de calidade de servicio nestas infraestructuras.

Dous centros de supercomputación en España, en concreto o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA), decidíronse a dar un primeiro paso nesta dirección, e por este motivo principiaron unha serie de experiencias coas que se pretende coñecer se estas tecnoloxías son, na práctica, axeitadas para a súa utilización nas aplicación paralelas, e determinar os beneficios e problemas que pode presentar o uso do Globus toolkit.



Obxectivos

Os principais obxectivos desta experiencia son:

  • Establecer un contorno de computación grid entre dous centros de supercomputación independientes.
  • Demostrar que os problemas secuenciais prácticos poden ser contemplados dentro deste contorno grid, e que se pode acadar o balanceo de carga sen necesidade de cambiar ningún código nin reconfigurar ningún sistema.
  • Demostrar que os códigos paralelos poden ser executados dentro deste contorno grid sen necesidade de cambiar ningún código nin reconfigurar ningún sistema.
  • Determinar de qué xeito a heteroxeneidade da rede e o equipo de comunicación poden influir neste tipo de problemas e determinar a fiabilidade, dispoñibilidade e capacidade para prestar servicios (RAS) da nova xeneración de redes de investigación en áreas extensas.

Detrás de todos estes importantes obxectivos subxace un esforzo común por proporcionar recursos informáticos adicados en exclusiva e altamente eficientes que axuden a resolver problemas científicos e prácticos que requiren maiores capacidades computacionais.

Figura 1. Mapa RedIris en España

Actualizado ( 10.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA