O día 26 de febreiro instalouse a versión 3.5.3 do CPMD nos ordenadores HPC320, HPC4500, SVG e BW. Para utilizar este software deberá facer o seguinte:
1. Engadir no seu PATH o directorio de instalación, se non o ten feito xa. Por exemplo, na shell KSH: export PATH=$PATH:/opt/cesga/cpmd/bin
2. Executar a liña de comandos No HPC4500: cpmd [ ] No HPC320, SVG e BW: cpmd [] [ ] Neste último caso, se non indica o número de procesos, tomará 1 por defecto. Para indicar o directorio de bases diferente o existente por defecto, ten que indicar o número de procesadores. En todos os casos, só está permitida a execución utilizando as colas, non executándose en interactivo.
Se ten algún problema con esta nova versión, non dubide en poñerse en contacto co departamento de aplicacións a través de: indicando no asunto: ERRO NO CPMD.
Se desexa utilizar a versión vella (3.5.2), póñase en contacto connosco. Existe una versión posterior a esta (a 3.7) que aínda non se instalou debido aos problemas que está a dar. |