Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Computación » GRID
Destacados

Conectados
353 visitantes
Total desde 21-12-05: 66656482 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

GRID PDF E-mail

O GRID é unha tecnoloxía que permite integrar recursos computacionais de distintas institucións e usalos como se tratasen dun único superordenador.

A tecnoloxía GRID encóntrase aínda en desenrolo pero, na actualidade, existen xa algúns proxectos como EGEE que crearon infraestructuras GRID que se encontran en producción e que permiten ós investigadores ter acceso a máis de 80000 CPUs distribuidas por todo o mundo:

Para poder ter acceso ós recursos de GRID é necesario solicitar un certificado dixital e rexistrarse nunha Organización Virtual (OV) que é un grupo de ususarios con intereses relacionados.

Actualmente o CESGA dispón dunha autoridade de rexistro na que os usuarios poden solicitar o seu certificado dixital e ademáis participa en diversos proxectos GRID ós que poden ter acceso os usuarios do CESGA a través da OV CESGA.

A continuación incluese máis información sobre cada un dos proxectos e os pasos a seguir para unirse á VO CESGA:

RA CESGA

O CESGA é unha autoridade de rexistro(RA) válida dentro da Autoridade Certificadora (CA), PKI de pkIRISGrid. O papel do CESGA como RA de pkIRISGrid é validar a autenticación dos usuarios que soliciten certificados dixitales, tanto de usuario como de servidor, sempre e cando sexan solicitados baixo o dominio 'cesga.es' e o solicitante pertenza ó CESGA, a algunha das universidades galegas, a un centro de investigación galego ou a un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Dende o seguinte enlace pode descargar a Guía de usuario para a RA CESGA donde é explicado detalladamente como solicitar, renovar ou revocar un certificado dixital para unha persoa física ou para un servidor/servicio baixo o CESGA como RA de pkIRISGrid.

Antes de solicitar o certificado dixital é recomendable leer o documento cá política para a RA CESGA, Política para a RA CESGA, no que encóntranse os formularios para solicitar o certificado e explícanse os requerimentos necesarios para solicitalo.

OV CESGA

Calquera usuario do CESGA que queira utilizar a infraestrutura grid actual pode solicitar unirse á Organización Virtual (OV) CESGA. Para máis detalles consultar a páxina principal da OV CESGA.

EGEE

"O proxecto Enabling Grids for E-sciencE (EGEE) xunta a científicos e enxeñeiros de máis de 90 institucións en 32 países por todo o mundo para fornecer unha infraestrutura Grid transparente para e-ciencia que está dispoñible para os científicos as 24 horas do día. Concibido desde o inicio como un proxecto de catro anos, a segunda fase empezou o 1 de abril de 2006, e está financiado pola Comisión Europea."

"O Grid EGEE está formado por máis de 20.000 CPU dispoñibles para os usuarios as 24 horas do día, os 7 días da semana, ademais de arredor de 5 Petabytes (5 millóns de Xigabytes) de almacenaxe, e mantén 20,000 traballos simultáneos en medio."

EELA

EELA-2 ten como obxectivo a construción dunha infraestructura GRID de gran capacidade, escalable e cunha madurez a nivel de producción, proporcionando de forma continua e acesible desde calquera parte do mundo os recursos de computación distribuida, almacenamento e rede que o gran espectro de aplicacións científicas nacidas das colaboracións entre Europa e Latino-América necesita.

EELA-2 fai énfase especialmente en:

  • Ofertar un conxunto completo de servizos que cubran os requerimentos das aplicacións.
  • Asegurar a dispoñibilidade a largo plazo da infraestructura creada máis alá do termino do proxecto.

Un proxecto tan ambicioso non sería posible sin a existencia dunha e-infraestructura anterior xa consolidada, creada cá intención de construir unha plataforma GRID sostible. Este foi o obxectivo do proxecto EELA ( Primeira fase do Proxecto EELA) que proporciona ós seus usuarios unha estructura Grid estable e ben soportada basada en 16 Centros de recursos (RCs), sumando unhas 730 CPU e 60 Terabytes de espacio de almacenamento, probando que o desenrolo dunha e-infraestructura Europea/Latino Americana non só é viable, senon que responde a unha necesidade real dunha parte significativa da comunidade científica.

FORMIGA

O proxecto FORMIGA deseñouse como unha plataforma distribuida que permite integrar os recursos das aulas de informática das universidades galegas. Para lograr este obxectivo usáronse unha combinación de distintas tecnoloxías existentes tales como a virtualización, tecnoloxias GRID e redes privadas virtuais (VPN). Unha das principais características da plataforma creada é que permite a interoperabilidade con GRIDS como o EGEE, permitindo as aplicacións usar á vez recursos de amba-las duas infraestructuras.

Enlace de interés:

G-Fluxo

O Proxecto G-Fluxo realiza unha contorna de desenvolvemento de fluxos de traballo (workflows) para a utilización de computación distribuida, que permite o uso de diferentes aplicacións. Ademais, simplifica o uso dos recursos computacionais no CESGA ou noutros recursos acesibles en infraestructuras Grid, de tal xeito que sexan vistos como un único contorno polo usuario. A súa vez, facilita o uso de software científico complexo, como é o relacionado coa Química Computacional, de forma optimizada, polo que podería ter unha destacada aplicación tanto en docencia como en investigación.

Enlace de interés:

INT.EU.GRID

O obxectivo do proxecto int.eu.grid é "instalar e manter unha e-Infraestrutura de producción interoperable para aplicacións interactivas intensivas que impactarán no traballo diario dos investigadores. As principais características desta iniciativa científica son:

  • Cálculo distribuído paralelo (MPI) interactivo e almacenaxe ao nivel de Teras
  • Acceso amigable a través dun escritorio grid interactivo con potente visualización.
  • Dando soporte Organizacións Virtuais a todos os niveis: instalación, contorno colaborativo, mellora de aplicacións co grid, ferramentas de execución e monitorización, discusión de resultados."

Enlaces interesantes:

Modificado ( 26.04.2010 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA