O superordenador FINIS TERRAE instalado no CESGA é un sistema integrado por nodos de memoria compartida cunha arquitectura SMP NUMA. FINIS TERRAE está composto por:
144 nodos de computación
142 nodos HP Integrity rx7640 con 16 núcleos Itanium Montvale e 128 GB de memoria cada un.
1 nodo HP Integrity Superdome, con 128 núcleos Itanium Montvale e 1.024 GB de memoria.
1 nodo HP Integrity Superdome, con 128 núcleos Itanium 2 e 384 GB de memoria.
Un sistema de almacenamento xerárquico con:
22 nodos para xestión de almacenamento cun total de 96 núcleos de proceso.
390.000 GB en disco.
2.200.000 GB en fita robotizada.
Unha rede de interconexión entre nodos Infiniband 4 x DDR a 20 Gbps.
Unha conexión de rede externa a 10 Gbps.
O sistema soporta múltiples sistemas operativos concorrentes demandados pola comunidade investigadora, tales como: Unix, Linux e Windows.
FINIS TERRAE inclúe software aberto e Estándar como: Linux, Lustre, Grid Engine e Globus.
O sistema conta cos seguintes compiladores, librarías e ferramentas de desenvolvemento: Intel C/C e Fortran, Intel MKL, Vtune, HP-MPI e HP UPC.
Coñeza aquí as aplicacións instaladas en FINIS TERRAE