Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Proxectos » XORNADAS DE CONSULTA MATEMÁTICA PARA EMPRESAS E INSTITUCIóNS. I-Math 2008-2011
Destacados

Conectados
305 visitantes
Total dende 21-12-05: 75364822 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

XORNADAS DE CONSULTA MATEMÁTICA PARA EMPRESAS E INSTITUCIóNS. I-Math 2008-2011 PDF E-mail

Matemáticos de varias universidades españolas buscarán solucións a problemas reais expostos polas empresas


Santiago, 12/02/08.- Continúan hoxe na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela as Xornadas de Consulta Matemática para Empresas e Institucións. i-MATH 2008-2011, organizadas polo Nodo CESGA do proxecto ENXEñO MATHEMATICA e a REDE MATHEMATICA CONSULTING & COMPUTING de Galicia, e que se clausuran mañá mércores 13 de febreiro coa presentación das conclusións dos diferentes grupos de traballo ás empresas participantes.

Nesta edición cóntase coa intervención de Dayco ENSA SL, Product Sensory Consulting Group (PSCG), Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Enxenio SL que presentaron onte ante os grupos de investigadores participantes, problemas reais das súas empresas, susceptibles de ser liquidados con métodos matemáticos, estatísticos ou computacionales. Para cada un dos problemas propostos creouse un equipo de traballo, integrado por investigadores de diversas universidades españois, que se encargará de elaborar unha proposta coas achegas e posibles estratexias no tratamento matemático do problema exposto.


Durante a xornada de hoxe os grupos debaterán as posibles solucións, reservando a xornada de mañá para a presentación de conclusións.


Trátase de fomentar o achegamento das empresas e institucións ao ámbito universitario, co obxectivo de promocionar a Matemática na contorna empresarial, buscando activamente proxectos de investigación e desenvolvemento onde teña unha especial relevancia, así como de intensificar a I D entre os grupos de investigación do proxecto MATHEMATICA e os correspondentes ás industrias.


Estas Xornadas están dirixidas tanto a investigadores en matemáticas con interese en transferencia de tecnoloxía á empresa como a persoal técnico ou de I D de empresas que desexen coñecer as solucións que as matemáticas poden achegar a problemas expostos desde o ámbito empresarial.


Máis información en: http://mathematica.nodo.cesga.es/content/view/55/36/

Actualizado ( 13.02.2008 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA