Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Proxectos » Entregados os diplomas aos alumnos do curso piloto do proxecto europeo e-hospital
Destacados

Conectados
139 visitantes
Total dende 21-12-05: 46800129 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Entregados os diplomas aos alumnos do curso piloto do proxecto europeo e-hospital PDF E-mail

Santiago, 4 de decembro de 2007.- Os alumnos do curso piloto de formación continua “E-Hospital: Alfabetización dixital básica” recibiron hoxe os diplomas entregados pola Universidade de Santiago de Compostela, USC. O curso forma parte do Proxecto E-Hospital que ten como obxectivo analizar a validez do e-learning con pacientes adultos hospitalizados de longa duración para facilitarlles o acceso a formación continua durante a súa estancia no hospital, e destas experiencias piloto obter conclusións para elaborar un manual de boas prácticas.

Esta experiencia contou coa participación en Galicia da USC (Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa) dirixido por Beatriz Cebreiro López e Carmen Fernández Morante, e do CESGA (Departamento de E-learning) da que é coordinadora María José Rodríguez Malmierca, así como da Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, coa participación de 10 pacientes que completaron o curso.

 

O Proxecto E-Hospital está cofinanciado pola Comisión Europea no marco do Programa Sócrates/Grunddvig1 no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia e España baixo a coordinación da institución austríaca Die Berater. Cada país desenvolveu o proxecto con diferentes clases de pacientes como anciáns con Alzheimer en Francia, ou enfermos psiquiátricos en Polonia. No caso de España, o CESGA e a USC lideran o proxecto para lesionados medulares coa creación da titulación específica de alfabetización dixital para o que o Departamento de e-learning do CESGA diseñou un sistema de xestión da aprendizaxe basado en software libre e outras ferramentas.

Da experiencia recollida en todos os países participantes nesta fase do proxecto, sairá unha Guía de Boas Prácticas para educadores en hospitais con vistas a introducir na seguinte fase en toda a rede sanitaria europea o sistema de e-learning,  ofrecendo ós pacientes durante a convalecencia un servicio formativo. Asemade, a través do curso creado entre o CESGA e a USC tratarase de difundir os resultados á rede pública galega de hospitais. 

Os alumnos presentes destacaron a importancia da experiencia, xa que lles ofreceu a posibilidade de adquirir unha nova capacitación e de acadar acceso aos múltiples servizos e posibilidades que ofrece a Rede. A entrega dos diplomas tivo lugar nun acto celebrado no Salón de Graos do Pazo de San Xerome no que estiveron presentes o Rector da USC, Senén Barro Ameneiro, o Director do CESGA, Javier García Tobío, e o Xerente do C.H. Juan Canalejo, José Manuel García, entre outras autoridades científicas e académicas.

 

 

 

 

 

Actualizado ( 11.12.2007 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA