Neste curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela preténdese, por unha banda, ofrecer unha perspectiva xeral da bioinformática dende o punto de vista matemático e /ou computacional. Neste sentido faráse especial fincapé en aspectos relacionados co reflexo que teñen os modelos matemáticos nas técnicas bioinformáticas. Por outra banda, preténdese mostrar como estas mesmas técnicas bioinformáticas son empregadas en diversos casos prácticos. Finalmente, preténdese proporcionar unha formación no manexo de distintos paquetes de software de uso común que se teñen convertido en verdadeiros estándares nos laboratorios biotecnolóxicos.
O curso está dirixido a estudantes e investigadores de ciencias, e profesores de educación secundaria, coa intención de iniciar a súa formación neste campo.