Madrid, do 7 ao 11 de maio de 2.007 RedIRIS/Red.es, en colaboración con INFN (Italia), organiza un curso de Grid no marco dos proxectos EELA, EUMedGrid e EGEE-I.
Unha das responsabilidades de RedIRIS dentro dos proxectos anteriormente citados son as actividades de formación á comunidade científica.
O curso ten como obxectivo principal iniciar aos asistentes no uso e administración da infraestrutura Grid en produción que ten despregado o proxecto EGEE, sendo un dos aspectos máis importantes do proxecto a súa orientación práctica.
O rexistro está aberto ata o 23 de abril, aínda que o número máximo de asistentes está limitado a 40. Se tes intención de asistir ao curso, rexístrate o antes posible.