O pasado 25 de novembro de 2006 os Presidentes dos Gobernos de España e Portugal acordaron realizar unha serie de políticas e actuacións, encamiñadas a favorecer a constitución dun espacio Ibérico de investigación. Para esto e, entre outras, encoméndase a unha comisión mixta de ambos países levar a cabo as accións precisas para a implantación dun GRID Hipano-Luso e a organización da “1st IBERIAN GRID INFRASTRUCTURE CONFERENCE”, que terá lugar en Santiago de Compostela, do 14 ó 16 de maio de 2007. Durante as mesmas datas coincidirá a reunión da rede Spanish Thematic Network in Grid Middleware, que colabora de modo decisivo na organización desta conferencia.