Páxina 2 de 2
Configuración do nodo
Coméntanse a continuación os pasos para a configuración dun nodo AG:
- Proporcionar soporte multicast persistente.
- Realizar unha planificación da sala
- Solicitar o equipamento
- Ensamblar o equipamento
- Instalar o software
- Instalar un multicast beacon
- Probar, asistir a eventos, familiarizarse coa tecnoloxía.
- Equipamento da sala AG do CESGA
A sala AccessGrid do CESGA segue unha configuración de nodo estándar.
![](http://www.cesga.es/Image/comunicacions/infraestruturas/DO_PROM_sala3_V0.jpeg)
Indicamos a continuación unha relación do hardware utilizado:
PCs con rañuras para as tarxetas requiridas
- 4x Fujitsu Celsius
- 4x tarxetas capturadoras Pinnacle PCTV PCI
- 1x tarxeta de son Creative Soundblaster
- 1x tarxeta gráfica Nvidia Quadro NVS con saída para catro monitores:
Rede e alimentación para os PCs e portátiles
Mesas, cadeiras, alimentación
- Cabida para un máximo de 18 persoas.
- Mesa en forma de OU
- Conexións de alimentación e portos de rede
- Iluminación adecuada para as cámarasde video de forma que non prexudique á proxección.
Equipamento de audio
|
Micrófono de superficie
|
2
|
Diagrama polar |
Cardioide
|
Sensibilidade mínima |
-30dB
|
Ruido equivalente de saída
|
<22dB
|
SNR |
70dB
|
Rango dinámico |
99.5dB
|
Micrófono de man
|
1
|
Diagrama polar |
Supercardioide
|
Sensibilidade mínima |
-44.5dB
|
Ruido de salida |
<27dB
|
Rango dinámico |
>102.5dB
|
Caixas acústicas
|
2
|
Sistema pasivo de dúas vias
|
|
Etapa de potencia
|
1
|
|
|
Equipamento de display
|
Proxectores
|
3
|
Tipo |
L-CoS (D-ILA)
|
Luminosidade |
1500 lumens ANSI
|
Contraste |
800:1
|
Resolución nativa XGA |
1400x1050, 1000 liñas de video
|
Ruido |
34 dB
|
Pantalla
|
1
|
Tamaño |
540x140cm
|
Sistema de proxección
|
Frontal
|
|
Equipamento de vídeo
|
Cámaras
|
4
|
Sinal de vídeo
|
PAL
|
Sensor de imaxe
|
Super HAD CCD tipo 1/4
|
Pixels efectivos
|
752(H)x582(V)
|
Lentes
|
10x zoom óptico
40x zoom digital
f=3.1 a 31
F=1.8 a 2.9
|
|
Equipamento de control
|
Sistema de audioconferencia
|
1
|
- 4 entradas MIC/Line Fenix
- 4 entradas Line Fenix
- 8 salidas Line Fenix
- 1 entrada TEL
- 1 salida TEL
|
Sistema control AMX
|
1
|
-
Control de los 3 proyectores
-
Control de las 4 cámaras
-
Control del sistema de audioconferencia
-
Control integral a través de una pantalla táctil alámbrica de 7" formato panorámico
|
|
Outros elementos
|
Switch fast ethernet |
Teléfono analóxco |
Headset para ordenador |
Un conmutador teclado/ratón/monitor para 8 PCs e unha consola. |
|
Mellora da experiencia do usuario
O audio é o factor crucial no éxito dunha reunión por videoconferencia. Debe asegurarse a súa calidade con equipamento de audio e video especializado de forma que os participantes poidan falar con fluidez e facilidade.
O equipamento debe de estar disposto de forma non obtrusiva e funcional engadindo unha forma de interacción de natureza case transparente durante unha sesión AG ben planificada. Deben colocarse os micrófonos en puntos estratéxicos que permitan a mellor captura do son e a colocación de cámaras de video cerca da pantalla de proxección para xerar a sensación de contacto visual.
O video debe de ser de calidade tal que teña lugar comunicación natural. Os asistentes son máis corteses e menos inclinados a teclear nas súas portátiles e outras descortesías se alguén pode velos claramente. Levantar as mans e pasar quendas convértese en algo natural.
PowerPoint distribuído, compartición de escritorio, OpenGL e video MPEG video ofrecen contido rico aos usuarios.
Eventos AccessGrid
As sesións AccessGrid nas que se participou ata o momento son de diversa índole.Destacamos as seguintes:
Poden consultarse os eventos programados nas seguintes direccións:
Tecnoloxías de streaming relacionadas
Liñas futuras
- Soporte de novos codecs de audio e video
- Adición de novas ferramentas compartidas
- Adaptación do contorno para baixos anchos de banda
- Conectividade a outros sistemas de conferencia baseados en H.323 (IP) e H.320 (RDSI).
- E moitas máis...
Agradecementos
Máis Información
Información de contacto
Para calquera consulta sobre dispoñibilidade ou interese sobre esta infraestrutura envie a súa consulta a .
DATOS TÉCNICOS
Servidores de salas virtuais
A continuación indícanse os servidores de salas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a situación de servidores alternativos.
Ponte Multicast-Unicast
Disponse dunha ponte multicast-unicast que proporciona conectividade a aqueles sitios sen soporte multicast.Proporciónase este tipo de conectividade ás seguintes salas:
Salas con soporte ponte multicast-unicast do servidor de salas do CESGA:
Salas con soporte ponte multicast-unicast do servidor de salas da Universidade de Vigo:
Proximamente engadiranse novas salas a esta lista.
Multicast Beacon
Dispuxose dun servidor Multicast Beacon que axudará a comprobar a conectividade multicast entre os diversos nodos.Os datos técnicos para conectar co mesmo son os seguintes:
- CENTRALSERVERNAME: agserver.cesga.es
- GROUP: 224.2.100.100
- PORT: 10002
Ponte multicast-unicast baixo demanda
Na dirección web http://agserver.cesga.es:9095 accédese á interface web que nos permitirá crear unha ponte multicast baixo demanda tanto para sesións xenéricas como para sesións RTP/RTCP. Neste último caso permitiranos escoller de entre todo o repertorio de streams do fluxo multicast aqueles que sexan de relevancia para nós, permitindo economizar ancho de banda cando sexa necesario.
Para que funcione correctamente debe autorizarse a dirección IP de destino do reenvío do tráfico.
Lista de correo AccessGrid
Creouse unha lista de correo sobre esta tecnoloxía para informar as diversas problemáticas ou novidades que xurdan.
Pode solicitar o acceso á lista de correo .
Información de contacto
Para calquera consulta sobre dispoñibilidade ou interese sobre esta infraestrutura envie a súa consulta a .
UBICACIÓN DOS NODOS ACCESSGRID
Salas AccessGrid da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
No ámbito do proxecto TORGA.net creáronse 6 salas de traballo colaborativo AccessGrid. A continuación indícase a súa situación e as direccións web nas que poderá obter información actualizada sobre as mesmas.
Centro de Supercomputación de Galicia
A sala AccessGrid do CESGA encóntrase situada no mesmo centro. Un esbozo e información sobre como chegar o encontrará pulsando aquí.
Os datos do nodo son os seguintes:
- Contacto principal:
Dpto. de Comunicacións, , +34981569810
- Operadora do nodo:
Natalia Custas Lago, , +34981569810
- Contacto de rede:
Dpto. de Comunicacións, , +34981569810
Para solicitar o uso da sala debe cubrirse o Formulario de solicitude.
Universidade do Minho
A Universidade do Minho dispón na actualidade de dúas salas AccessGrid nas seguintes situacións:
- Campus de Gualtar (Braga, Portugal)
- Campus de Azurem (Guimaraes, Portugal)
Pode obter información actualizada de ambos os dous nodos pulsando aqui .
Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo dispón na actualidade de tres salas AccessGrid nas seguintes situacións:
- Campus de Vigo (Galicia, España)
- Campus de Ourense (Galicia, España)
- Campus de Pontevedra (Galicia, España)
Pode obter información actualizada destes nodos pulsando aqui .
Información de contacto
Para calquera consulta sobre dispoñibilidade ou interese sobre esta infraestrutura envie a súa consulta a .
|