Xornada "Presentación en Galicia del VII Programa Marco"
A Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia e a Rede Galega para a Transferencia de Coñecemento organizan esta xornada que se celebrará o 22 de Setembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O evento conta co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia.
A xornada ten como obxectivo establecer unha estratexia efectiva e anticipar e incrementar as posibilidades de éxito das empresas galegas e axentes I+D+I de cara á participación no novo Programa Marco. Durante a evento presentaranse as principais novidades do VII Programa Marco e expoñeranse as oportunidades de participación, con particular énfase nas posibilidades que se lles presentan ás PEMEs.
A xornada é de carácter gratuíto, prégase inscrición previa.