Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 23 de maio de 2006 instalouse a actualización de maio de 2006 da base de datos do CSD, contendo 12.383 novas estruturas, o que supón un total de 380.864 entradas na base de datos.
A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de rayos X e difracción de neutróns.
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos.
Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen en síntese ou caracterización de estruturas moleculares e necesiten comparar con estruturas identificadas en bibliografía.
A completa guía de uso, así como información adicional sobre este software, pódese atopar na páxina oficial do Cesga (http://www.cesga.es) baixo Computación> Aplicacións> Bases de Datos Científicas> CSD ou directamente na seguinte URL: http://www.cesga.es/php/mais_info_es.php?id=48
Se se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (comando cq), selecciónense as opcións View Databases > Entries in CSD version 5.27 ou View Databases > Entries in CSD > version 5.27 updates.
Cómpre recordar que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se se precisa acceder a esta base de datos e non se ten aínda acceso, deberá solicitala aos nosos técnicos.
Ante calquera problema co programa ou a actualización, non dubide en poñerse en contacto connosco a través de indicando no asunto "Error en CSD".