Contido
CESGA, HP e Intel instalarán “FINIS TERRAE” o supercomputador de maior memoria compartida de Europa
O pasado 28 de marzo presentouse no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), coa presenza de numerosas autoridades nacionais e galegas, o convenio de colaboración entre CESGA, HP e Intel, polo cal a Xunta de Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones de Científicas (CSIC) instalarán o mauor supercomputador de memoria compartida de Europa, o "Finis Terrae". Esta infraestrutura, cunha memoria superior aos 19.000 Gb e presupostado en máis de 60 millóns de euros, aportará a finais do ano 2007 unha potencia de cálculo e almacenaxe suficiente para afrontar cálculos científicos ata agora inabordables.
Ampliacion do almacenamento para usuarios no SVG.
Con motivo da parada de mantemento do pasado 4 de abril procedeuse a ampliar a capacidade de almacenamento dispoñible para os usuarios do SVG ata 1 Terabyte (1000GB). Deste modo está previsto ampliar as cotas de cada usuario neste sistema desde os 6GB ata os 10GB. Con esta ampliación tamén se mellora o rendemento global de acceso a ficheiros ao dispoñer dunha controladora RAID MSA500G2 con 1GB de caché e 8 discos SCSI de 146GB cada un.
Tamén se ampliou o nodo frontal do cluster a un servidor HP con doble procesador Pentium Xeon a 3.6GHz e 2GB de memoria.
Instaladas novas versións do compilador Portland.
Ata agora a version do compilador Portland residente no cluster Svgd era a 3.3-2m, para os compiladores da mesma empresa, isto cobre os seguintes compiladores e utilidades:
pgCC - The Portland Group Inc. C++ compiler
pgcc - ANSI and K&R C compiler
pgf90 - The Portland Group Inc. Fortran 90/95 compiler
pghpf - Portland Group High Performance Fortran compiler
pgf77 - The Portland Group's FORTRAN 77 compiler
pgprof - The Portland Group Compiler Technology performance analysis tool
pgdbg - The Portland Group Compiler Technology debugger
Despois de analizar as necesidades dos nosos usuarios, todos os compiladores e utilidades, agás os dous primeiros da lista, foron actualizados á version 6.1-1.
Calquera usuario pode ter acceso a estes compiladores sen necesidade de requirimientos especiais, xa que se atopan todos configurados no path de busca.
Para unha informacion detallada acerca do uso dos compiladores podes visitar o seguinte enlace.
CURSO ''Computación en clusters: instalación, administración e programación''.
Data: 15.05.2006 ó 19.05.2006
Horario: de 10:00 a 15:00h
Lugar :: CESGA, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Organiza: CESGA
Colabora: Universidade da Coruña
Contacto: cursos@cesga.es
Dirixido a: Ata 18 titulados e profesionais que no seu traballo manexen arquitecturas clúster e pretendan realizar tarefas de administración. Profesionais que se formulen a implantación de solucións baseadas en arquitecturas clúster na súa empresa. O perfil ao que vai dirixido este curso é o de usuarios con necesidades computacionais importantes. Aberto a investigadores e empresas.
Dous alumnos como máximo por cada posto de traballo.
OBXECTIVOS:
Preténdese que os asistentes adquiran os coñecementos introdutorios necesarios para a administración dun clúster. Para unha mellor consecución desta fin comezarase analizando esta arquitectura e as causas do seu auxe nos últimos tempos. Posteriormente iniciarase un percorrido polos distintos servizos que os clusters proporcionan aos seus usuarios ofrecendo unha visión global de que é o que se lle pide ao administrador dun clúster. As tarefas de administración abordadas irán desde a instalación dun clúster analizando as distintas opcións existentes ata o mantemento necesario e a implantación de novos sistemas e arquitecturas. Do mesmo modo, os contidos prácticos do curso perseguen que se consigan aplicar dunha forma inmediata os coñecementos adquiridos, así como identificar tarefas a realizar nun contorno real. Analizaranse as posibilidades de implantación de servizos sobre unha arquitectura cluster.
CONTIDOS:
Modulo I - Administración de Servidores Linux (8h)
Introdución á administración de Servidores Linux
Instalación de distintas distribucións de Linux
Configuración de rede local
Servizos de rede: NFS, DNS, NIS+ (ou LDAP), WWW e NTP
Alta de novos usuarios e as súas restricións (quota)
O kernel de Linux
Configuración de aplicacións
Breve introdución á shell scripting
Protección fronte a fallos: RAID, Backups e SAIs
Seguridade en linux (iptables e wrappers: hosts.allow/hosts.deny)
Modulo II - Programación de Clusters (8h)
Sesión I (4 horas)
Introdución ás Arquitecturas Clúster
Evolución histórica das Arquitecturas de Computadores
Conceptos de clustering e de redes de interconexión
Instalación dun clúster: selección de compoñentes
Administración de Arquitecturas Clúster
Xestores de colas: OpenPBS
Balanceadores de carga.Linux Virtual Server
SSI (BPROC) e middlewares
Sesión II (4 horas)
Paradigmas de programación e bibliotecas: MPI (MPICH) e Erlang
Programación en clusters: exemplos prácticos (servizos Erlang e scripts de envío de traballos MPI)
Almacenaxe de alta capacidade en sistemas clúster (SAN)
Sistema de ficheiros en clusters (CFS)
Modulo III - Aplicacións (4h)
Software de administración e monitorización de clusters
Problemas típicos en Extreme Computing
Clusters en aplicacións científicas
Clusters en aplicacións empresariais
Utilización de clusters como servidores www
BBDDen clusters
Enlaces esenciais.
Documentación e manuais dos sistemas de cálculo, almacenamento e aplicacións:
http://doc.cesga.es
Uso do sistema de colas no CESGA:
http://www.cesga.es/content/view/431/53/
Guía básica de Unix:
http://iie.fing.edu.uy/~vagonbar/unixbas/
FAQs de computación:
http://www.cesga.es/component/option,com_simplefaq/Itemid,16/
Monitorización en tempo real (máximo 30 minutos de retardo) do estado dos servidores e as colas:
Estado sistemas
Como solicitar axuda:
: para calquera aspecto relacionado cos servidores de cálculo, sistemas de colas, almacenamento, etc…
: en caso de consultas relacionadas co uso de aplicacións, peticións de novas aplicacións, etc… |