Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Xeral » Galicia recibe o Premio TECNET 2004 pola súa implicación na Implantación da Sociedade da Información
Destacados

Conectados
189 visitantes
Total dende 21-12-05: 75444347 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Galicia recibe o Premio TECNET 2004 pola súa implicación na Implantación da Sociedade da Información PDF E-mail
A comunidade autónoma de Galicia recibiu o pasado 4 de marzo o premio TECNET 2004, que entrega a revista "Guía de Internet y de las Nuevas Tecnologías" en colaboración co Ministerio de Ciencia y Tecnología, na categoría de "Comunidade Autónoma máis activa no Implantamento da Sociedade da Información".

Este galardón, que celebra este ano a súa segunda edición, recoñece o esforzo de institucións, empresas e medios de comunicación cara á difusión das novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
 
Concretamente, a obtención deste premio pola Comunidade Galega débese á creación do Observatorio TIC, "a partir do cal se están a artellar proxectos para o impulso das novas tecnoloxías nesta comunidade", segundo un comunicado do grupo "Júbilo", ao que pertence a "Guía de Internet y de las Nuevas Tecnologías".
 
Ademais, o comunicado destaca a importancia da posta en marcha do Foro de Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (Foro SI-Galicia), por medio do cal, asegura, "se están a desenvolver múltiples proxectos, coma o Punto Neutro de Intercambio de Tráfico da Internet en Galicia (galNIX) ou os premios e-Comercio".
 
O xurado deste certame estivo composto polo director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Ciencia y Tecnología, Jorge Pérez; o presidente de AUTEL, Miguel Ángel Eced; o presidente de ANIEL, Jesús Banegas; o presidente de SEDISI, Josep María Vilà, e a presidenta do Instituto de la Ingeniería de España, María Jesús Prieto, así como por diversos representantes do grupo Júbilo Comunicación.
 
Noutras categorías, resultaron premiados o programa Redes, de Televisión Española, o presidente de honor de Hewlett - Packard, Juan Soto; o servicio PowerLine Communication, desenvolvido por Endesa e Iberdrola; a empresa Indra e o proxecto "Compras vía subasta por Internet", do Grupo Gas Natural.
Actualizado ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA