Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Presentación proxecto pioneiro de telexerontoloxía
Highlights

Users Online
493 guests online
Total since 21-12-05: 75088366 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Presentación proxecto pioneiro de telexerontoloxía PDF E-mail

O Grupo de Xerontoloxía da Universidade da Coruña,  xunto co CESGA e outras institucións e empresas galegas, presentaron esta mañá no Centro Xerontolóxico de Estancias Diurnas "La Milagrosa" da Coruña o prototipo dun proxecto pioneiro en telexerontoloxía.

Xestionar historiais clínicos, aplicar a teleestimulación cognitiva ou acceder a atención médica personalizada mediante videoconferencias son algunhas das posibilidades que ofrece o prototipo do proxecto pioneiro en telexerontoloxía, desenvolto polo Grupo de Xerontoloxía da Universidade da Coruña coa participación do CESGA e doutras institucións e empresas galegas, e que foi presentado esta mañá na Coruña coa intervención dalgúns dos seus promotores.

A telexerontoloxía defínese como un sistema que permite valorar e tramitar as intervencións a domicilio dos problemas que afectan a persoas de avanzada idade por medio de redes de comunicacións dende unha central. O proxecto, resultado dun acordo inicial entre a Universidade e a Asociación de Pensionistas e Xubilados da Coruña, conforma na actualidade unha rede investigadora que ten como obxectivo avanzar no eido da asistencia sanitaria a distancia. Xunto cos seus promotores, participan o CESGA,  o Grupo de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo, a Obra Social de Caixa Galicia e a empresa galega de telecomunicacións Televés, co patrocinio da Dirección Xeral de I+D da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Na presentación do proxecto interviron o coordinador do mesmo, o profesor José Carlos Millán Calenti; o director do CESGA, Javier García Tobío, para referirse aos antecedentes do proxecto como as liñas de investigación; a presidenta da UPD e do Centro Xerontolóxico La Milagrosa, María Luísa Ansorena; así como sendos representantes de Televés e da Universidade de Vigo, Jacobo Penide e Javier González Castaño.

Last Updated ( 21.12.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA