I Xornadas do Software Libre na Economía Social e Administracións Locais
As I Xornadas do Software Libre na Economía Social e Administracións Locais é un evento organizado pola asociación de usuarios de Software Libre AGNIX xunto co Concello de Fene e celebrarase na Casa de Cultura deste concello durante os dias 15, 16 e 17 de decembro de 2005.
Para esta primeira ocasión o programa contará coa presenza de destacadas figuras nacionais e internacionais:
Alessandro de Oliveira (Cabelo) de Viva O Linux(Brasil)
É importante salientar que o evento vai dirixido a todo o público en xeral, pero pode ser de especial interese para representantes das administracións públicas locais, xa que durante as xornadas os distintos poñentes falarán do importante papel da Administración na Sociedade da Información.
Asemade estas xornadas contarán con obradoiros de diversas materias coma mostra dos obxectivos que persegue: por unha banda destacar o papel fundamental da Administración, principalmente a local, como instrumento válido para o desenvolvemento dun contorno tecnolóxico que permita o acceso ás tecnoloxías da información e a redución da fenda dixital e, pola outra, subliñar as vantaxes das novas tecnoloxías libres no proceso de normalización da Língua Galega.