O GaliciaTIC reúne en Santiago a expertos das Teconoloxías da Información e as Comunicacións
Os próximos días 6,7 e 8 de outubro celébrase en Santiago a segunda edición de GaliciaTIC, o foro de referencia sobre Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Galicia e as súas aplicacións no mundo da empresa.
GaliciaTIC estrutúrase como un congreso de conferencias plenarias a cargo de ponentes de relevancia internacional, paneis temáticos liderados por empresas significativas do sector, e debates sobre os temas relacionados de máis actualidade, ademais de encontros sectoriais entre os denominados sectores tradicionais e “clusters” empresariais, cada vez con máis protagonismo no entorno económico e social da nosa comunidade.
Este foro ten un marcado carácter empresarial e profesional, especialmente orientado ás Pemes galegas, ben sexan xeradoras ou consumidoras das TIC. O GaliciaTIC está organizado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA).
Para máis información sobre as inscricións e o programa detallado do foro: www.galiciatic.com