2ª edición do Master de e-Learning “TIC para a Educación e a Formación”
O Master sobre e-Learning da Universidade de Santiago de Compostela, no que colabora o Centro de Supercomputación de Galicia, ofrece unha preparación moi específica nos novos medios electrónicos dispoñibles para o deseño de entornos formativos e unha preparación pedagóxica para xerar propostas de ensino-aprendizaxe que exploten todas as posibilidades das TIC aplicadas á educación.
Este Master europeo e interuniversitario está dirixido aos profesionais da Educación que desexen especializarse e formarse no uso das TIC no marco da súa práctica profesional. Terá unha duración de 600 horas nun ano (90% virtual) con clases retransmitidas en directo e en diferido.
A 2ª edición do Master E-Learning para o curso 2004-2005 ofrece dúas titulacións:
Título de Master Universitario en e-learning (600h)
Título de Especialista Universitario en e-learning (250 h)
As presinscripcións poderán facerse entre o 1 e o 30 de setembro na seguinte dirección:
ICE Instituto de Ciencias da Educación Avenida das Ciencias Chalet nº 3 15782 Santiago de Compostela