Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » General » 2.500 empresas utilizan a rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia
Highlights

Users Online
864 guests online
Total since 21-12-05: 66747716 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

2.500 empresas utilizan a rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia PDF E-mail
Os dez centros promocionan e divulgan o coñecemento científico e tecnolóxico, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento dos principais sectores económicos.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2004.- Os dez centros tecnolóxicos existentes en Galicia prestan anualmente asistencia técnica a un total de 2.500 empresas dos principais sectores económicos da nosa Comunidade. Así quedou reflectido hoxe no acto de presentación da Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia (RETGALIA), que presidiu en Santiago o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste.

O principal obxectivo desta Rede de Centros é fomentar a colaboración entre os distintos órganos que o integran, así como divulgar as súas accións científicas e tecnolóxicas. A creación do mesmo partiu da necesidade de apoio entre os diferentes centros tecnolóxicos de Galicia nun intento de atopar obxectivos e liñas de actuación comúns. Deste xeito, compartindo o coñecemento, poderán desenvolver accións colectivas e solucionar problemas que afecten a todos, para poder prestar un mellor servicio ó empresariado galego.

Por outra banda, a rede conta cun catálogo e cunha páxina web, que foron presentados no mesmo acto, que invitan a tódalas empresas da nosa comunidade a coñecer o seu labor, ó mesmo tempo que as informan sobre os servicios científico-tecnolóxicos que prestan. Esta cooperación púxose en marcha hai dous anos e que ten como referente outros organismos similares existentes noutras comunidades autónomas.

Unha das liñas de actuación desta Rede de centros ten como finalidade apoiar os principais obxectivos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005, a través da integración das iniciativas dos diferentes centros, da promoción e divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico, ó mesmo tempo que contribúe ó desenvolvemento dos diferentes sectores socioeconómicos de Galicia.

Por outra banda, a Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia aposta pola formación especializada e continua do personal técnico dos centros que se dedica á innovación, pola renovación das infraestructuras científico-tecnolóxicas, pola difusión da oferta tecnolóxica galega e pola colaboración coas tres universidades e cos centros do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia.

SERVIZOS AO EMPRESARIADO

A Rede, ademais de servir de conexión entre os centros e de plataforma de coñecementos, está intimamente ligada á industria e aos diferentes sectores productivos e económicos galegos, tales como a madeira, a acuicultura, a construcción civil, a metalurxia e a automoción. Este organismo reúne capacidades non dispoñibles noutros sectores, razón pola que servirá para proxectar o sistema de innovación galego cara o empresariado e a industria, contribuíndo ó desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das empresas.

Así, os centros tecnolóxicos xunguen os seus esforzos para prestar servizos ao empresariado galego, especialmente ás PEMES, xa que estas deben empregar un maior esforzo para poñer en marcha iniciativas de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. Algúns dos servicios que a Rede ofrece ás firmas son, por exemplo, a realización de contratos de I+D, transferencia e difusión de tecnoloxía, asesoramento e asistencia técnica, análise, certificación e calidade industrial e formación, entre outros servicios tecnolóxicos. Na actualidade, os centros tecnolóxicos de Galicia están a prestar asistencia técnica a un total de 2.500 empresas anualmente.

CENTROS INTEGRANTES

En total, son dez os membros da rede. Entre eles atópase a Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), ubicados no Porriño; o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Marisco (ANFACO-CECOPESCA) e o Instituto de Electrónica Aplicada (IEA) que se atopan en Vigo. En Ourense está o Centro de Innovación de Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-MADEIRA) e, en Ferrol, o Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-GALICIA). O Instituto de Cerámica de Galicia (ICG) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) atópanse no Campus Sur de Santiago de Compostela e, en Aguiño (Ribeira), ten as súas instalacións o Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA).

Last Updated ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA