A utilización de CPU nos sistemas VPP e HPC4500 mantívose estable ó longo do ano, só se observaron variacións importantes na utilización dos clusters AP3000 e SVG.
O número de traballos enviados ó HPC4500 e o VPP300 mantívose estable ó longo do ano. No SVG producíronse variacións máis notables.
Os tempos de espera en cola tamén se mantiveron constantes ó longo do ano. Cabe destacar o maior nivel de saturación do VPP300 respecto ó resto dos sistemas, onde os tempos medios de espera foron superiores ós 2 días durante a maior parte do ano.
Durante o ano 2001, as Universidades de Santiago e da Coruña foron as institucións que máis horas de cálculo consumiron nos servidores, cun 70% do consumo total entre as dúas universidades.
Ó longo deste ano, obsérvase unha distribución bastante uniforme nas horas de cálculo asociadas ás áreas de ciencias da computación e física, e en menor medida á modelización bioquímica. Esta distribución é debida en parte a que as aplicacións máis importantes desta última área só se atopaban dispoñibles nun servidor de cálculo, o VPP300.
O VPP300 foi o servidor con maior número de usuarios activos durante o 2001, seguido polo HPC4500 e o AP3000. A maior distancia atopábase o SVG debido a que a súa recente introducción facía deste un servidor con menor número de contas activas. |