Retransmisión do acto de apertura do curso académico 2004-05 do Sistema Universitario de Galicia
O acto de apertura do curso académico 2004-05 do Sistema Universitario de Galicia retransmitirase a través da RECETGA.
O acto inaugural do curso académico 2004-05 do Sistema Universitario de Galicia terá lugar mañá xoves, día 30, a partir das 12:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago baixo a presidencia do titular da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Á cerimonia asisten o reitor da USC, Senén Barro, e os seus homólogos de Coruña e Vigo, José María Barja e Domingo Docampo, respectivamente; o conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Celso Currás; o presidente do Parlamento de Galicia, José María García Leira; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; así como numerosas persoalidades do mundo académico, social e político.
O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Miguel A. Zabalza Beraza, iniciará o acto coa lectura da lección inaugural do curso académico 2004-2005 titulada 'A Didáctica Universitaria. Un espazo disciplinar para estudo e mellora da nosa docencia'. A continuación, o reitor Senén Barro Ameneiro pronunciará o seu discurso para rematar coa intervención do presidente Manuel Fraga Iribarne que inaugurará oficialmente o novo curso universitario. Retransmisión da cerimonia vía internet O Servimav, en colaboración co Servizo de Comunicacións da USC e o Cesga, realizará a retransmisión en directo vía internet deste acto de inauguración do ano académico para as tres universidades galegas. A retransmisión poderase seguir no seguinte enderezo: