Durante o ano 2000 obsérvase un consumo plano no VPP e máis variacións nos sistemas HPC4500 e AP3000, cun pico de utilización deste último sistema no mes de Abril.
Os usuarios máis activos foron os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela cun 65% do consumo total en tódolos sistemas, repartindose o 40% restante principalmente entre as outras universidades galegas, proxectos participados polo CESGA e o CSIC.
As principais áreas de traballo foron a modelización bioquímica e o estudio de novos métodos numéricos.
O sistema con maior número de contas activas foi o VPP con máis do 50% do total, mentres que o que menor número de contas presentou foi o AP3000 debido ao carácter máis específico deste sistema orientado a tarefas paralelas.