I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia
O CESGA colabora nestas Xornadas que pretenden introducir ao Profesorado de Ensino Secundario á alternativa do Software Libre como instrumento de transmisión de coñecemento e medio de traballo cotiá, máxime cando precisamente é a "libre" transmisión do coñecemento a razón de ser deste Software e todo o seu campo de influencia: documentación, investigación, tecnoloxía, arte ...
Estas Xornadas que se celebran o 22 e 23 de outubro contan coa participación da maioría dos Grupos de Usuarios de Linux de Galicia como queda reflectido na lista dos Relatores.
As I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia están organizadas pola Asociación de usuarios GNIX (AGNIX).
Para máis información e acceder ao formulario de inscrición consulten na seguinte dirección: