Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cesga
Destacados

Conectados
1615 visitantes
Total dende 21-12-05: 73779286 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

ColHPC PDF E-mail

Utilización do sistema de colas no HPC-4500

Nota para os usuarios das colas do VPP300 ou do AP3000 ou coñecedores do NQS:

O novo sistema de colas aporta novos comandos para enviar e controlar os traballos que se envían á cola. Porén, séguese mantendo a compatibilidade cos comandos de manexo de colas que xa se utilizaban tanto no AP como no VPP; é dicir, os comandos qsub, qstat e qdel seguen existindo e poden seguir utilizándose do xeito no que se viñan utilizando nos outros ordenadores. Os novos comandos implementan a mesma funcionalidade que os antigos, ademais de engadir novas capacidades para o control dos  traballos.

Comandos para o manexo das colas:

Información sobre as colas: bqueues [opcións] [cola]

Por exemplo:

bqueues: Amosa a lista de tódalas colas e o estado en que se encontran

bqueues –u nome_usuario: Amosa a lista das colas as que ten acceso o usuario especificado e o estado en que se encontran

bqueues larga: Amosa información sobre a cola ´larga´

bqueues –l larga: Amosa información adicional sobre a cola ´larga´

Enviar un traballo a unha cola: bsub [opcións] < [script.lsf]

Pódese enviar un script coas opcións ou ben enviar directamente o traballo. Por exemplo, o comando:

bsub –q corta –o saída.out –i entrada.in /home/c/programa

é equivalente a:

bsub < ejemplo.lsf

Co script exemplo.lsf:

#BSUB –q corta

#BSUB –o saída.out

#BSUB –i entrada.in

cd /home/c

programa

Opcións máis importantes:

-q nome_cola Envía o traballo á cola indicada
-J nome_traballo Asigna o nome indicado ao traballo
-o arquivo_saída Escribe a saída estándar do traballo ao arquivo especificado
-e arquivo_erros Escribe a saída de erros estándar do traballo ao arquivo especificado
-i arquivo_entrada O traballo ten como entrada estándar o ficheiro especificado
-n min_proc[,max_proc] Indica o número mínimo e máximo de procesadores para executar un traballo paralelo. Se non se especifica ningún valor, só se utiliza 1 CPU, e se só se especifica un único valor n,  utilizaránse n CPUs
-B Cando comeza a executarse o traballo, notifícase por e-mail
-N Cando finaliza o traballo, notifícase por e-mail
-u usuario Enviar os e-mail á dirección e-mail especificada en usuario

Se non se especifican os arquivos para a saída normal e de erros, os resultados serán enviados por e-mail ao usuario que enviou o traballo (a menos que se especifique a opción –u, neste caso enviarase ao usuario indicado nesta opción).

Controlar o estado no que se atopan os traballos: bjobs [opcións] [jobID]

Opcións máis importantes:

-a Informa sobre todos os traballos na cola
-q nome_cola Informa unicamente sobre os traballos na cola especificada
-l Amosa información sobre os traballos en formato longo
-u nome_usuario Informa unicamente sobre os traballos do usuario indicado
- J nome_traballo Amosa información unicamente sobre o traballo indicado
jobID Amosa información sobre o traballo con este indicador (jobID)

Os posibles estados nos que se pode encontrar un traballo son os seguintes:

PEND O traballo  atópase á espera de ser executado
PSUSP O traballo ten pasado a estado suspendido mentres estaba esperando
USUSP O traballo ten pasado a estado suspendido cando se estaba executando
RUN O traballo estase executando
DONE O traballo ten finalizado sen que se produciran erros
EXIT O traballo ten finalizado debido a algún erro na execución ou ben porque foi cancelado

Eliminar un traballo da cola: bkill jobID

O jobID é o identificador do traballo que se quere cancelar. O traballo cancelarase, tanto se está encolado (PEND) coma se está en execución (RUN)





Actualizado ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA