O Servidor de cálculo escalar SMP (memoria compartida) SUN HPC4500 dispón de 12 procesadores UltraSPARC II a 400 MHz con 4 MB de caché por procesador e unha memoria de 4 GB. Neste servidor atópanse xa dispoñibles as aplicacións MATLAB, ANSYS Multiphysics e GENESIS, así como os compiladores de FORTRAN 77, Fortran 90, C , C++ , HPF e as librarías matemáticas asociadas de SUN Microsystems.