Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » e-learning » Tecnoloxías
Destacados

Conectados
1863 visitantes
Total dende 21-12-05: 65327054 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Webinars ou Seminarios Web online PDF E-mail

¿Que é un Webminar ou Seminario Web online?
Coñécese como "webinar" (webminar, online meeting, webmeeting, live web conferencing...) ou Seminarios Web online, a aquelas aplicacións informáticas (servidor)  que permite a unha persoa (profesor) organizar a través de Internet unha reunión ou clase virtual entre un grupo de xente determinado (alumnos), para levar a cabo unha sesión de formación, unha reunión de traballo ou simplemente realizar unha sesión de demostración dun producto, etc. en tempo real. Para poder acceder a estas aplicacións, o usuario só precisa dun navegador web (cliente) ou como moito instalar un plug-in.

Os Webminars integran ferramentas propias para a realización do traballo en grupo, como son fundamentalmente ferramentas de comunicación sincrónicas (audio streaming, chat, vídeo, encerado electrónico compartido, escritorio remoto compartido, etc.) o que lle permite ó profesor impartir sesións de formación específicas en curtos período de tempo.

¿Como funcionan estas ferramentas?

Para poder organizar unha sesión de formación en tempo real ou evento con este tipo de ferramentas, o primeiro paso a realizar consiste en contratar o servicio a unha empresa suministradora. Estas empresas ofertan este tipo de servicio baixo moitas modalidades, é dicir, hai empresas que tarifican en función do número de asistentes e da duración da sesión, mentres que outras venden a licenza do software servidor para que posteriormente nós o instalemos nunha máquina; isto permitiranos explotar a aplicación en función das nosas necesidades.Webminar do Cesga

Unha vez que temos a ferramenta lista para utilizarse, o responsable da actividade propón  unha sesión de formación en tempo real a través de Internet; seguidamente a aplicación envía ós usuarios inscritos no evento a hora á que vai ter lugar a reunión virtual, así como o enderezo web ó que teñen que conectarse co seu nome de usuario e contrasinal correspondentes.

Unha vez conectados, todos os participantes poden ve-la imaxe do organizador da sesión ou do profesor e escoitalo (ben por audiostreaming ou realizando unha multiconferencia telefónica). O organizador pode expoñer verbalmente a sesión de formación, ó tempo que amosa ós participantes unha aplicación, presentación, ou documento do seu PC en tempo real compartindo o escritorio. Incluso, pode permitir que éstes realicen modificacións en calquera documento que se estea amosando. Á súa vez, os participantes poden pedir a palabra para intervir na sesión, (con aclaracións, preguntas, exposicións) xa sexa co seu micrófono, mediante multiconferencia telefónica ou por escrito nun chat de texto (dependendo do software utilizado). O profesor tamén pode enviar consultas ós asistentes para saber si están seguindo a sesión e entendendo as explicacións (preguntas de verdadeiro/falso, etc.). Toda a sesión pódese grabar, deste xeito quedarán rexistradas as accións realizadas dentro da ferramenta (tales como audio, anotacións, documentos amosados ou modificados, preguntas, etc.) para a súa posterior consulta en diferido ou baixo demanda.

¿Que preciso par utilizar un webminar?

Os requisitos son diferentes, dependendo se eres moderador ou alumno.

En canto a requisitos hardware e software necesarios, o PC do organizador / profesor, debe dispoñer de:

  • PC con 64 MB de RAM
  • IE 5.0 / Netscape 4.0 ou superior
  • RealProducer, QuickTime Encoder ou Windows Media Encoder
  • Tarxeta de son e micrófono
  • Boa conexión a Internet: ADSL, RDSI ou cabo.

Por parte dos asistentes, unicamente requiren a instalación de software -proceso sinxelo e automático- que comezará no momento en que se conecten ó evento por vez primeira, así como contar cos seguintes requisitos hardware e software:

  • PC con 32 MB de RAM
  • IE 5.0 o Netscape 4.0 ou superior
  • Real Player, Quick Time Player ou Windows Media Player
  • Tarxeta de son e altavoces
  • Boa conexión a Internet: a ser posible, ADSL, RDSI ou cable. 

Funcionalidades destes programas.

Como enunciábamos con anterioridade, os webinar dispoñen fundamentalmente de ferramentas de comunicación sincrónica, tales como:

  • Encerado electrónico compartido.
  • Chat de texto.
  • Streaming de audio ou audioconferencias telefóncias.
  • Vídeo do profesor ou videoconferencia por conmutación.
  • Escritorio remoto compartido: o organizador pode compartir cos asistentes calquera aplicación do seu PC.
  • Ferramentas de preguntas e respostas tales como baterías de preguntas tipo test (V/F, elección única ou múltiple, rellenar espacios, etc.) que se poden enviar en tempo real ós alumnos para que contesten. Soen dispoñer dun contador de respostas para ve-los resultados.
  • Ferramenta de votación / levanta-la man / petición do turno para falar.
  • Navegador web compartido.
  • Transferencia de ficheiros.
  • Control remoto: calquera participante pode toma-lo control da aplicación cando se llo permita o profesor; é dicir, un participante pode visualizar, realizar anotacións ou editar calquera documento electronicamente.
  • Ferramenta para realizar anotacións e para resaltar.
  • Ferramenta de grabación : graba as sesións impartidas na aplicación.
  • Conexión a PCs remotos: permite a conexión a un PC remoto para traballar con él

Aplicación dos Webinars ó  e-Learning.

Aínda que nacidas para cumprir funcións de formación intensivas e rápidas (rapid learning) no ámbito empresarial , (demostracións de productos, reunións, etc.), este tipo de ferramentas en e-learning poden ser un complemento de moita utilidade para impartir sesións de formación a grupos reducidos de alumnos dispersos, pero con capacidade para coincidir temporalmente cos demáis.

Algúns dos campos nos que se poden utilizar estas ferramentas:

  • Para traballar de forma cooperativa nun grupo ou grupos de investigación dispersos xeograficamente.
  • Para impartir cursos de doutorado.
  • Para dar conferencias.
  • Para impartir un seminario sobre una temática específica.
  • Para realizar titorías grupais ou individuais: xa que permiten realizar unha atención persoal e individualizada, posibilitando correxir en tempo real os documentos elaborados polos alumnos.
  • Para ensina-lo manexo dunha aplicación software a un número reducido de usuarios.
  • Para realizar presentacións a un grupo de alumnos.
  • Para enviar/presentar traballos: pódense enviar traballos ó profesor a través da transferencia de ficheiros ou ben presentárllos a través do escritorio compartido.
  • Etc.

Estas aplicacións en e-learning, para sacarlles o máximo beneficio, o mellor é empregalas integradas dentro de Sistemas de Xestión da Aprendizaxe.

 ¿Onde podo encontrar ferramentas deste tipo?

O Cesga oferta ós seus usuarios (investigadores e docentes do Sistema Universitario de Galicia) unha ferramenta Webminar adaptada da aplicación de Software Libre WebHuddle. Para acceder ó Webminar do Cesga, preme nesta ligazón.

Se eres unha empresa, son moitas as ferramentas deste tipo que hai dispoñibles. A continuación proporcionamos un pequeno listado:


Moias destas ferramentas ou outras semellantes coas mesmas funcionalidades poden ofertarchas as empresas proveedoras de e-learning en Galicia.


Actualizado ( 24.08.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos e-learning

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA