Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Resources
Highlights

Users Online
2181 guests online
Total since 21-12-05: 65404663 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Estándares en e-learning PDF E-mail

1.- ¿Que son os estándares?

Os estándares son acordos internacionais ou normas establecidas por consenso mundial que conteñen as especificacións técnicas e de calidade que deben reunir productos e servicios para cumplir satisfactoriamente coas necesidades para as que foron creados e para poder competir internacionalmente en condicións de igualdade.

En 1947 inicia as súas actividades a ISO (International Organization for Standarization). Desde a súa creación, este organismo internacional non gubernamental foi o responsable de crear, emitir e certificar todas as normas internacionais de estandarización.

No campo educativo, a evolución das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e o crecemento acelerado de Internet en xeral e do e-learning en particular, crearon a necesidade de que se regulen tamén os seus productos e servicios. Así surxiron organizacións que empezaron a traballar na elaboración de estándares e especificacións para o deseño de entornos tecnolóxicos no concerniente ó proceso de Ensino-Aprendizaxe con novas tecnoloxías e en rede.

Ao falar de estándares en e-learning facemos referencia a un conxunto de directivas comúns para as empresas do sector. Estas regras especifican como deben os desarrolladores de tecnoloxía construir as plataformas, os contenidos, etc.

2.- ¿Para que sirven os estándares en e-learning?

Nas actuais solucións de e-learning os contidos preparados para un sistema non se poden transferir de forma sinxela a outro. Os estándares en e-learning son o vehículo a través do cal será posible dotar de flexibilidade as solucións e-learning.

Nun entorno onde varias empresas se disputan o mercado da formación on-line, (por un lado creando plataformas, por outro contidos e servicios para integrar nestas), apareceron institucións que pretenden reglamentar unha normativa que defina as especificacións estándares ás que deberían ceñirse os entornos de formación. O seu propósito non é outro que o de adoptar especificacións que permitan que contidos e entornos de aprendizaxe distribuido de múltiples autores poidan traballar xuntos.

O que se persigue cos estándares en e-learning, é o seguinte:

  • Durabilidade: referida a evitar a obsolescencia dos cursos
  • Interoperabilidade: Intercambio de información entre os diferentes LMS
  • Reusabilidade: fai referencia a que os distintos cursos e obxcetos de aprendizaxe poidan reutilizarse en diferentes ferramentas e distintos LMS

Vantaxes de estandarizar:

  • Incrementar a cantidade e a calidade dos contidos
  • Posibilitar o intercambio de cursos (compra-venta)
  • Persoalizar os contenidos e reutilizalos.
  • Asegurar a compatibilidade con diferentes plataformas.
  • Garantir o intercambio de contidos entre diferentes entornos virtuais de formación.
  • Permitir a búsqueda de contidos por toda a rede.
  • Fomentar a profesionalización na elaboración de contidos.
  • Iniciar sistemas de compra-venta de contidos.
  • Aumentar a eficiencia dos contidos on-line desenvolvidos, ademáis de facilitar a súa xestión.
  • Garantir a viabilidade futura da inversión en e-learning dunha empresa, o que impide que a empresa non dependa dun único LMS, de modo que, en caso de cambiar de plataforma, a inversión realizada en contidos, non se perda.
  • Aumentar a oferta de cursos dispoñibles no mercado
  • Os productos non quedarán obsoletos a curto prazo

Os distintos estándares que se desarrollan actualmente para a industria de e-learning, acostuman a facer referencia ó:

  • Contido: Estructura do contido, empaquetamento do contido, etc.
  • Alumno: Almacenamento e intercambio de información do alumno, habilidades do alumno, privacidade e seguridade, etc.
  • Interoperabilidade: Integración de compoñentes nun LMS, interoperabilidade entre diferentes LMS, etc.

Cabe destacar que non existen estándares de e-learning dispoñibles hoxe en día; o que existen son unha serie de organizacións que desenvolven especificacións (protocolos).

3.- Organizacións que desenvolven especificacións en e-learning

As máis importantes iniciativas para lograr especificacións e estándares en e-learning, son:

  •  Aviation Industry CBT Committee (AICC): O Aviation Industry Computer-Based Training Committee (Comité de formación basado en ordenadores da industria da aviación) é unha asociación internacional que agrupa a profesionais do sector da formación basada na tecnoloxía que se adica a elaborar pautas para o desenvolvemento, a entrega e a avaliación de tecnoloxías de formación. Está composto polos seguintes subcomités
      • Computer Managed Instruction (CMI)
      • Communication
      • Digital Electronic Library Systems (DELS)
      • Independent Test Lab
      • Management and Processes
      • Training Infrastructure
      • Training Technology

As publicacións de AICC referentes ás especificacións denomínanse AICC Guidelines and Recommendations (AICC AGRs). Estas especificacións cubren as seguientes áreas:

  • AGR 001: AICC Publications
  • AGR 002: Courseware Delivery Stations
  • AGR 003: Digital Audio
  • AGR 004: Operating/Windowing System
  • AGR 005: CBT Peripheral Devices
  • AGR 006: Computer-Managed Instruction
  • AGR 007: Courseware Interchange
  • AGR 008: Digital Video
  • AGR 009: Icon Standars: User Interface
  • AGR 010: Web-Based Computer-Managed Instruction
    A guía máis seguida é a AGR 010 que fai referencia á interoperabilidade de plataformas de formación e os cursos resolvendo os problemas de comunicación entre os cursos e o LMS e o poder subir a un LMS un curso desarrollado por terceiros. AICC dispón dun Test Suit que permite ás empresas verificar que os seus productos cumplen as especificacións elaboradas por este organismo outorgándolles certificados.
  • Institute for Electrical and Electronic Engineers. Learning Technology Standars Committee (IEEE-LTSC): O IEEE é un grupo multinacional que desenvolve estándares internacionais para sistemas eléctricos, electrónicos, computacionais e comunicacionais. Está organizado en distintos comités, e un deles é o Learning Technology Standars Committee (LTSC) o comité para os Estándares da Tecnoloxía da Aprendizaxe. Unha das súas especificacións máis coñecida fai referencia ós Metadatos dos Obectos de Aprendizaxe ou Learning Object Metadata (LOM); é dicir, o LTSC o que intenta é facilitar o desenvolvemento e a reutilización de contidos. Este organismo recolleu o trabajo de AICC e mellorouno. O LTSC ten máis dunha ducia de grupos de traballo (working groups ou WGs) que desenvolven especificacións para a industria do e-learning:

O LTSC traballa de forma coordinada co subcomité da ISO JTC1SC36 (formado pola ISO e o International Electrotechnical Commission) adicado á normalización no ámbito das Tecnoloxías da Información para a formación, educación e aprendizaxe.

IMS e ADL utilizan os elementos e a estructura LOM nas súas especificacións.
  • IMS Global Learning Consortium: O IMS é un consorcio que agrupa a vendedores, productores, implementadores e consumidores de e-learning. As especificacións IMS cubren un amplo rango de características que se intentan facer interoperables entre plataformas que van desde os metadatos, a interoperabilidade de intercambiar o deseño instruccional entre plataformas, ata a crecación de cursos on line para alumnos que teñan algunha discapacidade visual, auditiva, etc. O IMS recolle o traballo da IEEE. O seu obxectivo é a creación de especificacións que engloben as recomendacións da propia IEEE e da AICC.

2. Especificacións para a interacción co contido e o seguimento

3. Especificacións para a interoperabilidade das aplicacións

IMS conta cun centro en Gran Bretaña (CETIS) e outro en Australia (IMS Australia Centre).

Nesta ligazón pode consultar que productos e organizacións soportan as especificacións IMS.

  •  Advanced Distributed Learning (ADL): Advanced Distributed Learning ou Aprendizaxe Distribuida Avanzada, é unha iniciativa auspiciada polo goberno de Estados Unidos para facilitar o desenvolvemento e a entrega de contido didáctico co uso de tecnoloxías xa existentes, así como emerxentes. Este organismo recolleu o mellor das anteriores iniciativas e refundiuno e mellorouno creando a súa propia especificación Shaerable Courseware Object Reference Model (SCORM) ou Modelo de Referencia para Obxectos de Contidos Intercambiables, é dicir, SCORM integra especificacións de AICC, IMS e IEEE e define as claves de interrelación entre estes estándares, por tanto, o modelo SCORM permite:
  • a un LMS lanzar diferentes contidos desenvolvidos por diversos autores usando ferramentas de distintos vendedores.
  • a LMS producidos por diferentes desenvolvedores lanzar o mesmo contido
  • a que LMS diferentes poidan acceder a un repositorio común de contidos

As especificacións SCORM 1.2 organízanse en 3 libros técnicos:

 

  • Book 1: The SCORM Overview
  • Book 2: The SCORM Content Aggregation Model
  • Book 3: The SCORM Run-Time Environment

 

ADL dispón de dous centros para outorgar certificados ós productos que superen o Test Suite Version 1.2.3 dacordo ás especificacións SCORM 1.2, a saber :

 

  • Wisconsin Testing Organization
  • Naval Undersea Warfare Center (NUWC) Division Keyport

 

 4.- ¿Que productos e organizacións cumpren as especificacións destes organismos?

Nas páxinas web oficiais das distintas organizacións, pódese consultar que productos e organizacións cumplen as súas especificacións. Seguidamente proporcionamos as ligazóns ós listados de empresas e productos que cumpren as diferentes especificacións.

5.- Organizacións Europeas que desenvolven especificacións en e-learning.

  •  ARIADNE: a Alliance for Remote Instructional and Authoring and Distribution Networks for Europe (Alianza para as Redes de Instrucción e de Dereitos de Autor a Distancia ) centra a súa actividade no desenvolvemento de ferramentas e protocolos que sosteñen producción, o almacén, o suministro e a re-utilización de elementos de aprendizaxe.
  • CEN/ISSS WS-LT: o CEN " Information Society Standardisation System " (Sistema de Estandardización da Sociedade da Información) lanzou un workshop sobre as tecnoloxías da aprendizaxe en marzo do 1999, co obxectivo de fomentar o mercado das tecnoloxías da aprendizaxe e tamén a Sociedade d información europea con servicios e productos relativos ós estándares.

6.- Listas de Distribución sobre estándares:

Máis Información

 

Last Updated ( 16.12.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

E-learning projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA